Shireen Abu Akleh (en ), nada o 3 de abril de 1971 e finada o 11 de maio de 2022, foi unha xornalista palestina-estadounidense que traballou como reporteira para a canle en lingua árabe Al Jazeera durante 25 anos, até que morreu executada por un francotirador do exército israelí mentres reportaba unha incursión militar das Forzas de Defensa de Israel en Xinin, a terceira cidade máis importante de Palestina.
Traxectoria Ao longo da súa traxectoria, cubriu numerosos acontecementos da historia de Palestina á vez que analizou a política de Israel. As súas reportaxes televisivas e os seus peches de transmisión fixéronse moi coñecidos, e como xornalista líder no mundo árabe, inspirou a moitos árabes e palestinos (especialmente mulleres) a comezar a súa carreira no xornalismo.
O 11 de maio de 2022, mentres vestía un chaleco azul coa palabra "PRESS" escrita nel, recibiu un disparo e foi asasinada mentres informaba dunha incursión das Forzas israelís (IDF) no campo de refuxiados de Xinín, en Cisxordania. Al Jazeera, un fotoxornalista de Agence France-Presse e o Ministerio Palestino de Saúdo indicaron que as IDF asasinárana. Israel suxeriu inicialmente que puido matala un palestino, mais o 13 de maio as IDF afirmaron que unha mostra atopada amosaba a posibilidade de que fose responsabilidade das IDF, ou tamén do fogo palestino. Investigacións independentes levadas a cabo por Associated Press, Bellingcat, CNN, The New York Times e The Washington Post concluíron que foi o fogo das IDF o que causou a morte de Akleh. A CNN mesmo indicou que puido ser un obxectivo das IDF. O 24 de xuño, a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (OHCHR) concluíu que Abu Akleh fora asasinada por un dispado das IDF. A investigación da Autoridade Nacional Palestina chegou á mesma conclusión, indicando que foi deliberadamente abatida mentres intentaba fuxir.
A natureza da súa morte e a posterior interrupción violenta do seu funeral pola policía israelí, que atacou os portadores do seu cadaleito armada con porras, provocaron unha ampla condena internacional a Israel. Ao seu funeral acudiron decenas de miles de palestinos e crese que foi o meirande funeral en Xerusalén dos útimos vinte anos.
Notas
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Finados en 2022 Categoría:Finados por arma de fogo Categoría:Personalidades de Palestina Categoría:Alumnos da Universidade Yarmouk Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Xornalistas asasinados