Arvidsjaur (saami: Árviesjávrrie) é un municipio sueco (kommun) no condado de Norrbotten, no landskap de Lappland. A súa capital é Arvidsjaur.
A paisaxe está formada por terreo montañoso ondulado (bergkullsterräng) quebrado, o 70% do cal está cuberto de bosque. A economía sofreu grandes cambios e a principios da década de 2020 estaba dominada pola silvicultura e a industria da madeira, así como a produción de servizos públicos e privados.
Dende os anos 80 a tendencia de poboación é negativa. En decembro de 2024 vivían no municipio 6 089 persoas. A política do concello está dominada dende sempre polos socialdemócratas, aínda que perdeu a maioría absoluta en 2010. Dende entón o partido gobernou en coalición co Vänsterpartiet.
Xeografía O municipio de Arvidsjaurs xunto á vía férrea Inlandsbanan, no medio do landskap de Lappland, a uns 110 quilómetros ao sur do círculo polar ártico. O concello limita cos municipios de Arjeplog, Jokkmokk, Älvsbyn, Piteå, Skellefteå, Norsjö, Malå e Sorsele.
Topografía e hidrografía O terreo montañoso quebrado formado por montañas individuais o grupos de montañas conforman a paisaxe do municipio. Todos os picos acadan entre os 500 e os 650 metros sobre o nivel do mar. O terreo ten unha orientación noroeste-sueste. Granito e arvidsjaur pórfiro forman a rocha base. Na zona hai lagos longos e estreitos, así como bosques e marismas. En total, o 70% da zona está cuberta de bosque de crecemento lento. Este lento crecieento pode atribuírse á escasa morena e ao clima frío. Varios ríos atravesan o municipio, entre eles o río Pite (un dos ríos nacionais suecos), o río Byske e o río Skellefte. Os vales dos ríos carecen de asentamentos, pero en cambio as alturas si os atraeron no sur. Alí, o risco de xeadas é menor e a terra é máis apta para o cultivo.
Conservación natural No ano 2022 había 60 reservas naturais no municipio. Ademais existen ecoparques, áreas claves de biodiversidade, zona da Rede Natura 2000 e outros tipos de áreas con protección para a flora e a fauna.
Varias das reservas naturais son áreas montañosas, como Lillträskberget, Mattisberget e Myrberget. Outras zonas, como Björkselberget, inclúen bosque primario. Nesta reserva natural hai por exemplo piñeiros que teñen ao redor de 600 anos de idade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do municipio
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Norrbotten