Abingdon-on-Thames é unha cidade e parroquia civil do condado de Oxfordshire de Inglaterra, Reino Unido, comunmente coñecida como Abingdon.Abingdon.

Xeografía O municipio ocupa unha extensión de 9,09 km².

Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 33 130 habitantes,"Area: Abingdon (Parish): Key Figures for 2011 Census: Key Statistics". Neighbourhood Statistics. Office for National Statistics . polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 3 645 hab./km².

Abingdon está 8,9 km ao sur de Oxford e a 8 km ao norte de Didcot, no val do Támesis, na marxe dereita deste río, na súa confluencia co pequeno río Ock.

Comunicacións Abingdon ten un aeroporto (Estación RAF de Abingdon, código IATA: ABB).

A cidade está situada na A145, entre Witney e Dorchester. Limita coa estrada nacional A34, estrada que une as autoestradas M4 e M40. As estradas B4017 e A4183 tamén pasan pola cidade.

Historia Abingdon forma parte do condado de Oxfordshire desde 1974: antes formaba parte do de Berkshire.

Antes de 1867, Abingdon era a principal cidade do condado de Berkshire. Desenvolveuse arredor dunha abadía fundada no século VII. Foi unha cidade importante durante moito tempo, pero quedou algo marxinada no século XIX, en particular a favor de Reading, mellor comunicada polo ferrocarril.

A cidade agora benefíciase do dinamismo da rexión de Oxford e alberga varias empresas de novas tecnoloxías.

Cidades irmandadas Abingdon está irmandada con: Argentan Colmar Lucques Schongau

Notas

Categoría:Vilas e cidades de Oxfordshire