Gällivare é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten. Atópase no landskap de Lappland e a súa capital é a localidade de Gällivare. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 17 233 habitantes.
O concello está situado xusto ao norte do círculo polar ártico. A parte occidental está formada por áreas montañosas e a sur por bosques e marismas. Os ríos Linaälven e Luleälven, onde están dúas das centrais hidroheléctricas máis grandes do país, atravesan o concello. Dous dos parques nacionais de Suecia atópanse no municipio, e existen ricos recursos minerais. Isto levou á construción de minas en Aitik e Malmberget, que continúan empregando a unha parte importante da poboación.
Hai catro pobos saami é unha parte dos seus habitantes foron historicamente, e ata certo punto seguen sendo, falantes de finés, meänkieli ou linguas saami. Ao dialecto finés falado no municipio de Gällivare chámaselle gällivarefinska.
Nome Gällivare é unha suedificación do nome da lingua saami de Lule Jiellevárre. Jielle- significa 'apertura, brecha' e pode referirse a un val alongado na montaña Malmberget.
Historia administrativa Cando a reforma municipal de 1862 implementouse en Laponia no ano 1874 creouse o concello rural de Gällivare na parroquia do mesmo nome. Alí estableceuse o 2 de xuño de 1983 a localidade municipal de Gällivare e o 23 de decembro de 1908 a de Malmberget. A primeira dsolveuse a finais de 1955 e a segunda a finais de 1959.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, xa que nin o condado de Västerbotten nin o de Norrbotten víronse afectados.
O actual municipio de Gällivare naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural do mesmo nome.
Xeografía O concello de Gällivare limita ao sur cos concellos de Jokkmokk e Boden, ao leste cos de Överkalix e Pajala, e ao norte co de Kiruna, todos no condado de Norrboten. Ao noroeste fai fronteira cos concellos noruegueses de Narvik e Hamarøy. Cunha superficie de 16 950 quilómetros cadrados, o municipio é o terceiro máis grande de Suecia en termos de superficie.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Norrbotten