A charamela ou xaramela é un instrumento musical de vento (vento-madeira). Probabelmente orixinario de Eurasia, está construído en madeira e ten unha palleta. Nos instrumentos, en xeral, define aerófonos de insuflación de boca directa con palletas dobres ou simples, similares ao punteiro da gaita, e algúns deles derivaron no clarinete.

Termo

Etimoloxía alt=Pastor xogando ao chal (1646), de |esquerda|miniatura|Pastora cun tocador de charamela (shalmeispeler), de Jan Baptist Wolfaerts (Rijksmuseum).ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Barocke-Schalmei.png/220px-Barocke-Schalmei.png|esquerda|miniatura| Charamelas (no <i>Syntagma musicum</i> de Michael Praetorius) Na Península Ibérica hai instrumentos tradicionais con nomes similares á charamela e xaramela de Galiza e Portugal, como a dulzaina castelá, aragonesa e leonesa (ás veces chamada chirimía, un termo que deriva da mesma palabra do francés antigo que chalémie); os chalemies valenciano e catalán (xirimia, dolçaina ou gralla) ou a gaita navarra. En italiano o nome é ciaramella, cialamello ou cennamella.O nome parece terse estendido a outras linguas desde o francés. En francés antigo, o nome chalemie e as súas variantes chalemel e chalemeaux (plural) derivan do latín calamus, ou do seu diminutivo en latín vulgar, calamellus e do grego κάλαμος (kalamos). O nome doutro instrumento de palleta cun burato cilíndrico, o chalumeau, tamén comparte esta etimoloxía.

En inglés chámase shawm, coas variantes antigas schallemele, shamulle, shamble, s(c)halmys, shalemeyes e 'chalemyes, todas formas de plural do inglés medio, e sc(h)almuse, schalmesse, derivadas dunha variante do francés antigo correspondente: chalemel, chalemie e chalemeaux. As primeiras formas de plural eran moitas veces confundidas cun singular, e a partir delas formáronse novos plurais. A redución posterior, nos séculos XV e XVI, a unha soa sílaba en formas como schalme, shaume, shawme, e finalmente shawm, débese probablemente a esta confusión de formas.plural e singular.

En alemán, chámase Schalmei (ou para os membros máis grandes da familia Bombard -tamén en inglés no século XIV- e posteriormente pasou a Bombhardt.

Porén, tamén é posible que o nome derive de salamiya (سلامية), un óboe tradicional de Exipto; a charamela europea pode terse desenvolto a partir de instrumentos similares traídos desde o Próximo Oriente na época das cruzadas. Este nome está relacionado lingüísticamente con moitos outros nomes orientais para o instrumento: o árabe zamr, o turco zūrnā, o persa surnāy, o chinés suona, o xavanés saruni e o hindi sahanai ou sanayi.

Outros usos En galego e portugués, o termo charamela define as partículas con lume ou cinsa que salta dun corpo en chamas (tamén muxica ou charamusca) ou outras cousas que caen ao chan (arume dos piñeiros, folerpas de neve ou chuvia miúda). Hai un grupo de teatro chamado e unha asociación cultural chamados Charamela no concello de Melide e unha escola de música Charamela no concello de Pontedeume. No século XVIII atopouse en Lisboa un libro anónimo de sonatas para Charamela Real.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Xaramela - Charamela Vídeo en YouTube do músico, luthier e investigador musical Célio Pires explicando as súas pesquisas sobre a charamela e tocando con ela músicas como A Carolina.

A Charamela no Renacemento (artigo en inglés) A Charamela no Renacemento (sitio web alemán)

Categoría:Instrumentos musicais