Borås é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland. Antes pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é a cidade de Borås. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 114 872 habitantes.

O concello de Borås está situado na chuviosa parte occidental da meseta meridional de Suecia. O terreo está formado por vales montañosos e unha gran parte do municipio está cuberta de bosques de coníferas, aínda que a zona tamén é rica en lagos e turbeiras.

A zona forma a parte central da rexión Sjuhäradsbygden, no sur do landskap de Västergötland, e está fortemente asociada coa industria téxtil e os vendedores ambulantes.

Xeografía O concello está ao sur do condado de Västra Götaland e limita cos concellos de Herrljunga ao nordés, Ulricehamn ao leste, Tranemo ao sueste, Svenljunga ao sur, Mark ao suroeste, Bollebygd ao oeste e Vårgårda ao noroeste, todos eles en Västra Götaland.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland