miniatura|340x340px|Xudas recibindo as trinta moedas de prata por traizoar a Xesús. Pintura de János Pentelei Molnár (1909). Trinta moedas de prata foi o prezo polo que, consonte o relato do Evanxeo de Mateu do Novo Testamento, Xudas Iscariote traizoou a Xesús.Mateo 26:15. A Biblia (www.abibliagalega.com)

Antes da Última Cea, dise que Xudas foi aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de 30 moedas de prata, e que logo intentou devolver os cartos, cheo de remordementos.

No Evanxeo de Mateu afírmase que a posterior compra do Agro do Oleiro foi o cumprimento, por parte de Xesús, dunha profecía de Zacarías.Vincent P. B. (1998). Páxinas 126-128.Bruner, F. D. (2004). Páxina 710.

A imaxe das trinta moedas de prata utilizouse adoito en obras de arte que representan a Paixón de Cristo. Tamén a literatura e a lingua común"Semana Santa tamén na lingua". En El Correo Gallego, 12 de abril de 2020. botan man da expresión "trinta moedas de prata" para se referir a persoas que "se venden", comprometendo unha confianza, unha amizade ou unha lealdade en beneficio persoal.

Narrativa bíblica Segundo o Evanxeo de Mateu, Xudas Iscariote era un dos discípulos de Xesús. Antes da Última Cea, Xudas dirixiuse aos sumos sacerdotes e aceptou entregar a Xesús a cambio de trinta moedas de prata.France, R. T. (2007). Páxinas 976-979. Daquela, Xesús foi arrestado en Xetsemaní, onde xudas revelou aos soldados a identidade de Xesús dándolle un bico.France, R. T. (2007). Páxina 1.012.

Consonte o capítulo 27 do Evanxeo de Mateu, despois Xudas encheuse de remordementos e devolveu os cartos aos sumos sacerdotes, antes de se enforcar. Os xefes dos sacerdotes decidiron entón que non poderían ingresalo nas arcas do templo por consideralo diñeiro manchado de sangue, así que acordaron comprar con el o chamado Agro do Oleiro.Mateo 27:3-10. A Biblia (www.abibliagalega.com)Harrington, D. J. (1991). Páxinas 384-387.

No Libro dos Feitos dáse un relato diferente da morte de Xudas; alí cítase a Pedro dicindo: "velaí que comprou unha leira coa paga do crime, caeu de cabeza e, rebentando polo medio, saíronlle para fóra as entrañas". No entanto, o Evanxeo de Lucas, do que se pensa que foi escrito polo mesmo autor que os Feitos,Feitos 1:18. A Biblia (www.abibliagalega.com) menciona en 22:3-6 que Xudas e os xefes dos sacerdotes e os oficias da garda do templo se puxeron de acordo nun prezo, sen que se especifique a cantidade nin se afirme que se pagou por adiantado, como aparece en Mateo.Lucas 22:3-6. A Biblia (www.abibliagalega.com)

Tipos de moedas miniatura|240x240px|O estatero de Antioquia é unha das posibilidades á hora de identificar a tipoloxía das trinta moedas de prata. A palabra utilizada en Mateo 26:15 é ἀργύρια (argyria), que significa simplemente "moedas de prata","ἀργύριον". En Thayer's Greek-English Lexicon of the New Testament, 1889. e os estudosos non chegaron a un acordo acerca do tipo das moedas que se terían utilizado. A este respecto, Donald Wiseman propón dúas posibilidades: poderían ser siclos de Tiro (14 gramos, con 94 % de prata) ou tamén estateros de Antioquía (15 gramos, con 75 % de prata), que amosaban a cabeza de Augusto.Wiseman, D. J. (1958). Páxinas 87-89.

Outros autores apuntan tamén a posibilidade de que se tratase de tetradracmas tolemaicos (13,5 gramos, con 25 % de prata).Marotta, M. E. (1995). "So-called 'Coins of the Bible". En The Celator. Vol. 9. Nº 1. Xaneiro. Páxina 41

TipoPurezaPeso totalPeso da prataValor da prata(2022) Calculadora do prezo da prata. Ocu Inversiones (Ocu.org)Por moeda30 moedasSiclos de Tiro94 %14,00 g13,16 g394,70 g252,00 €Estateros de Antioquía75 %15,00 g11,25 g337,47 g215,46 €Tetradracmas tolemaicos25 %13,50 g3,37 g101,39 g64,73 €Tetradracmas atenienses95 %17,20 g16,34 g490,19 g312,97 €

miniatura|240x240px|O siclo de Tiro é outro dos tipos que podería formar parte das trinta moedas de prata. Os siclos de Tiro pesaban catro dracmas atenienses (arredor de 14 gramos), é dicir, máis que os anteriores siclos israelitas de 11 gramos, aínda que ambos siclos se consideraban equivalentes naquela época para asuntos relixiosos."Ancient Jewish Coins Related to the Works of Josephus". Artigo feito a partir dos libros Guide to Biblical Coins, de David Hendin, e Ancient Jewish Coinage, de Y. Meshorer. Como a moeda romana só tiña o 80 % de prata, os siclos tirios, máis puros (94 % ou máis), eran necesarios para o pagamento do imposto do templo de Xerusalén. Os cambistas aos que se fai referencia nos Evanxeos do Novo Testamento (Mateo 21:12 e paralelos) cambiaban os siclos tirios pola moeda romana común.Ciccone, M. A. "The role of coins in the First Revolt"."The Fish and the Coin". Israel Photos III. A Collection of Phootos from Israel.

É probable que o tetradracma ateniense do século V a. C. fose a moeda máis utilizada no mundo grego antes da época de Alexandre o Grande, xunto co estatero corintio. Amosaba o busto de perfil de Atenea no anverso e un moucho no reverso. No uso cotian, estas moedas eran coñecidas como γλαῦκες glaukes ("mouchos"),"γλαύξ". En Liddell, H. G.; Scott, R. A Greek-English Lexicon. 1843. Oxford University Press. e de aí viña o proverbio Γλαῦκ’ Ἀθήναζε ("un moucho para Atenas"), en referencia a algo que era abundante. O padrón máis comunmente utilizado era o padrón ático ou ateniense, cunha unidade de 4,3 gramos. Un dracma era aproximadamente o pagamento correspondente a un día dun traballador cualificado.Tucídides. Historia da Guerra do Peloponeso. 3.17.4 (versión en inglés) Xa que logo, trinta moedas de prata (30 tetradracmas), a catro dracmas cada unha, serían comparables aproximadamente ao salario de catro meses.

No período medieval, algunhas institucións relixiosas exhibían antigas moedas gregas da illa de Rodas como exemplares das "trinta moedas de prata". Os seus anversos amosaban unha cabeza enfrontada do deus do Sol, Helios, con raios que se proxectaban arredor da súa parte superior. Estes raios eran interpretados como unha representación da Coroa de Espiñas.

Pola súa banda, a narración extracanónica de Xosé de Arimatea rexistra que a Xudas se lle aboaron trinta moedas de ouro, non de prata.Ehrman, B.; Plese, Z. (2011). Páxina 553.

Interpretación teolóxica En Zacarías 11:12–13, trinta moedas de prata é tamén o soldo que recibe Zacarías polo seu traballo. Colle as moedas e guíndallas "ao oleiro". Klaas Schilder sinala que o pagamento de Zacarías supón unha avaliación do seu valor, así como o seu despedimento.Schilder, K. (1938). Páxina 74. No Éxodo 21:32, trinta moedas de prata era o prezo dun escravo, polo que, aínda que Zacarías cualifica a cantidade como de "bo prezo" (Zacarías 11:13), podería tratarse dun sarcasmo. Barry Webb, no entanto, considérao unha "cantidade considerable de diñeiro".Webb, B. (2003). Páxina 151.

Schilder suxire que esas trinta moedas de prata están, xa que logo, "abaneadas dun lado ao outro da profecía".Schilder, K. (1938). Páxina 71. Cando os xefes dos sacerdotes deciden mercar un agro co diñeiro devolto, Mateo di que así se cumpriu "o dito polo profeta Xeremías", a saber: "tomaron as trinta moedas de prata, o prezo que lle puxera o pobo de Israel, e utilizáronas para mercar o agro do oleiro, como me ordenara o Señor (Mateo 27:9–10). Aínda que moitos estudosos consideran que o nome de Xeremías está incluído por erro,Xoán Calvino, no seu Comentario sobre unha harmonía entre os evanxelistas, Mateo, Marcos e Lucas, di: "A propia pasaxe amosa claramente que o nome de Xeremías foi posto por erro, no canto de Zacarías, xa que en Xeremías non atopamos nada deste tipo, nin nada que se achegue a iso" a compra dun agro por parte de Xeremías (Xeremías 32) pode indicar que Mateo está a pensar en ambos os profetas cando escribe o seu Evanxeo.Keener, C. S. (2009). Páxina 657. Craig Blomberg apunta a que Mateo está a dicirlles aos seus lectores que "igual que Xeremías e que Zacarías, Xesús intenta guiar o seu pobo cun ministerio profético e pastoral, mais, pola contra, acaba sufrindo inocentemente a mans deles".Blomberg, C. L. "Matthew". En Beale, G. L.; Carson, D. A. (eds.) (2007). Páxina 96. William Hendriksen sostén que Mateo se refire a Xeremías 19.Hendriksen, W. (1973). Páxina 948.

Blomberg suxire mesmo que Mateo pode estar a dicir que "a morte de Xesús é un rescate, o prezo pagado para asegurar a liberdade dun escravo", e que o uso do diñeiro de sangue para comprar un cemiterio para os estranxeiros (Mateo 27:7) pode insinuar a idea de que a morte de Xesús fai posible a salvación para todos os pobos do mundo, incluídos os xentís".Blomberg, C. L. "Matthew". En Beale, G. L.; Carson, D. A. (eds.) (2007). Páxina 97.

No Handy Book for Bible Readers ("Manual para os lectores da Biblia") de 1877 lese:The handy book for Bible readers. Religious Tract Society. 1877.

Algúns ven iso como un dos moitos paralelismos entre Sócrates e Xesús. Tal e como se recolle na Apoloxía, cando Sócrates foi xulgado por impío e corruptor da xuventude, os seus acusadores pediron a pena de morte. Porén, os aliados propuxeron que pagase simplemente unha multa de trinta minas."Plato, Apology". En West, T, G.; West, G. S. (1984). Páxina 92.

Reliquias e referencias artísticas esquerda|miniatura|300x300px|Xudas devolve as trinta moedas de prata, obra de Rembrabdt (1629). Nas escenas narrativas da Paixón, Xudas aparece con frecuencia sostendo as moedas de prata nunha bolsa, o que serve como atributo para o identificar. Ademais, as trinta moedas de prata figuran adoito como un dos "instrumentos da Paixón", sinaladamente na Baixa Idade Media, aínda sendo un dos elementos menos elixidos do grupo. Ás veces utilízase nas representacións unha bolsa de diñeiro ou unha man que sostén moedas, ou ambas as mans realizando o reconto.Schiller, G. (1972). Páxinas 190-196.

Na Idade Media xurdiu, a modo de reliquias, un bo número de moedas antigas que a tradición popular identificaba como constituíntes das trinta moedas de prata, coñecidas na tradición anglosaxoa como Judas-pennies ("peniques de Xudas"), das que se de dicía que axudaban nos partos difíciles."The silver pieces of Judas in medieval traditions". En American Journal of Numismatics. Vol. 34. Nº 3. Xaneiro de 1990. Páxinas 69-74.Hill, G. F. "Coins and Medals (Western)". En Hastings, J.; Selbie, J. A. (eds.) (2003). Páxina 703.Mol, J. A. et al. (2006). Páxina 287. miniatura|170x170px|A tradición atribuíulle desde a Idade Media a este decadracma ser unha das trinta moedas de prata (Museo Hunt, en Limerick, Irlanda)."Dekadrachm of Syracuse / One of the thirty pieces of silver". The Hunt Museum. Tanto as hipotéticas reliquias como a súa representación na arte aparecen a partir do século XIV, máis tarde que outros elementos salientables da Paixón, como a Coroa de Espiñas ou a Lanza Sagrada. Isto débese aos novos xeitos de devoción, promovidos sinaladamente polos franciscanos, que fomentaban a contemplación da Paixón episodio a episodio, como no Via Crucis.Schiller, G. (1972). Páxinas 190-191. A pedra en que se di que se contaron as moedas estaba no Palacio de Latrán, en Roma.Ginzburg, C. (2001). Páxina 68.

Unha destas moedas ás que se lles atribuíu a condición de reliquia como, presumiblemente procedente do conxunto das trinta moedas de prata, é un decadracma de Siracusa que se conserva no Museo de Hunt, en Limerick, Irlanda. A inscrición latina que se gravou no seu soporte é QUIA PRECIVM SANGVINIS EST ("Este é o prezo do sangue").

Referencias literarias As trinta moedas aparecen na literatura de tradición cristiá en diferentes ocasións en relación coa traizón a Xesús, como neste poema de William Blane:Blane, W. (1906). "Thirty Pieces of Silver". En The Silent Land and other Poems. E. Stock, Londres. Páxina 149.

Outro exemplo é o poema titulado "Mateo, 27.9", de Jorge Luis Borges:"Jorge Luis Borges: Unas monedas". Poeticous.comBorges, J. L. (1976). "Mateo, 27.9". En La moneda de hierro. Buenos Aires.