César Novoa Alcaraz, nado en Pontevedra en 1942, segundo marqués de Patiño, é un avogado, político e aristócrata galego.

Traxectoria Neto da aviadora Elisa Patiño, César Novoa naceu no seo dunha familia nobre de varios séculos da ría de Pontevedra. Avogado de profesión os anos oitenta, como afiliado ao Partido Popular foi elixido concelleiro en Pontevedra nos comicios de 1983, e como tal foi seleccionado para ser deputado provincial baixo a presidencia da Deputación de Mariano Rajoy.

Accedeu ao ducado (estilizado co nome de marqués de Patiño) logo do falecemento da nai, Lucía Alcaraz Patiño, en 2002. Como aristócrata, é membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia. A casa familiar é o pazo dos Duques de Patiño, en Padriñán (Sanxenxo).

Vida persoal Casou con Ana Tovar e tivo unha filla, Iria Novoa Tovar, que é a herdeira do ducado. Enviuvou en 2018.

Notas

Categoría:Nobres de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1942