Filipstad é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. A súa capital é a localidade de Filipstad. No mes de decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 776 habitantes.
A paisaxe caracterízase por vales profundos. A zona é parte da rexión mineira de Bergslagen e o leito rochoso do campo de Långbansfältet é un dos máis ricas en minerais do mundo.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Brattfors, Färnebo, Gåsborn, Kroppa, Nordmark e Rämmen. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Filipstad que en 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun).
Na zona houbo entre o 22 de febreiro de 1946 e o 31 de decembro de 1966 a localidade municipal de Lesjöfors.
O köping de Storfors fundouse en 1950 tras separarse do concello rural de Kroppa.
Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Värmlandsberg (a partir dos catro municipios de Brattfors, Gåsborn, Färnebo e Nordmark) mentres que o concello rural de Kroppa, o de Rämmen e a cidade de Filipstad permaneceron sen cambios.
O concello de Filipstad fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Filipstad e dos concellos rurais de Värmlandsberg, Kroppa e Rämmen.
Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Kristinehamn e dende entón pertence ao de Värmland.
Xeografía Filipstad atópase no leste do condado de Värmland. O concello limita ao sur co municipio de Storfors, ao suroeste co de Karlstad, e ao oeste co de Hagfors, todos en Värmland. Ao leste fai fronteira co concello de Hällefors, no condado de Örebro, ao nordés co de Ludvika, ao norte co de Vansbro e ao noroeste co de Malung-Sälen, estes tres no condado de Dalarna.
Historia Os arredores da capital floreceron grazas á mineiría, sobre todo de ferro. As actividades mineiras na zona remóntanse ao século XIV e a área poboouse debido a elas.
A cidade de Filipstad foi fundada polo rei Carlos IX o día 6 de abril de 1611, bautizándoa así polo seu fillo Carlos Filipe (Filipstad significa "cidade de Filipe"). Filipstad é a segunda cidade máis antiga do condado de Värmland por detrás de Karlstad, fundada polo mesmo rei poucos anos antes, en 1584.Carlquist, Gunnar, red (1933). Svensk uppslagsbok. Bd 15. Malmö: Svensk Uppslagsbok AB. p. 24
Filipstad perdeu os seu privilexios de cidade durante case 150 anos tras un grande incendio en maio de 1694.
Durante o século XVIII a actividade mineira aumentou cando se dispuxo de tecnoloxía de voadura eficiente, e a enerxía hidráulica logró o seu avance grazas aos inventos de Christopher Polhem.
No século XIX comezou unha animada actividade de construción e a cidade medrou a un ritmo rápido, tamén coa axuda de mellores comunicacións coa canle Filipstads bergslags e coa chegada do ferrocarril. Entre 1810 e 1861 a súa poboación pasou de 560 a 1 798 habitantes.
Demografía
Divisións Ata o ano 2016 para informes de poboación o concello estaba dividido nunha única parroquia, a parroquia de Filipstad. Dende ese ano o municipio divídese nos seguintes distritos:
Brattfors Filipstad Gåsborn Kroppa Nordmark Rämmen
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland