Astro-200, tamén coñecido como SIV (acrónimo de Standard Interface Vehicle) e como BCP-100, é un Bus construído pola empresa AeroAstro.
Características Astro-200 é un bus que permite usar un módulo separable para a integración en paralelo co bus para acelerar os tempos de lanzamento e reducir os riscos técnicos. Usa unha interface estándar para acomodar cargas variadas que poden ser lanzadas a órbitas baixas, de entre 400 e 850 km de altura e tempos de vida de ata un ano. A orixe do bus ten lugar principalmente no contrato de AeroAstro para construír o satélite STPSat-1, para o cal se deseñou expresamente. Despois foi usado por STPSat-2 e STPSat-3, así como polo satélite GPIM.
Satélites co bus Astro-200 STPSat-1 STPSat-2 STPSat-3 GPIM
Notas
Categoría:Satélites artificiais