ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Milky_sea_nightcolor5x5.jpg/260px-Milky_sea_nightcolor5x5.jpg|dereita|miniatura| Efecto do mar de ardora nas costas de Somalia no océano Índico. O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul.
O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emitir un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite. Tales ocorrencias brillan o suficientemente pola noite como para ser visibles desde satélites de observación que orbitan a Terra. Pode chegar a extensións de até 16.000 km2 (case o tamaño das provincias de Lugo e da Coruña xuntas). En 2005, os científicos anunciaron que por primeira vez obtiveran probas fotográficas deste brillo en superficies tan extensas. A causa máis probable, e nalgúns casos confirmada, é a bioluminiscencia.
Efecto ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/Noctiluca_scintillans.jpg/220px-Noctiluca_scintillans.jpg|esquerda|miniatura| Esta foto de longa exposición mostra a bioluminiscencia de Noctiluca scintillans no porto de iates de Zeebrugge, Bélxica Entre 1915 e 1993, documentáronse 235 avistamentos de mares de ardora extensos, a maioría concentrados no noroeste do océano Índico e preto de Indonesia. O brillo luminiscente concéntrase na superficie do océano e non se mestura uniformemente en toda a columna de auga.
En 1985, un buque de investigación no mar Arábigo tomou mostras de auga durante os mares de ardora. As súas conclusións foron que o efecto foi causado pola bacteria Vibrio harveyi. A ardora tamén adoita ser causada por Noctiluca scintillans, un dinoflaxelado que brilla cando é perturbado e que se atopa nos océanos de gran parte do mundo.Tada; Pithakpol; and Montami (2004). Seasonal variation in the abundance of Noctiluca scintillans in the Seto Inland Sea, Japan. Plankton Biol. Ecol. 51(1): 7-14. Buskey (1994). Growth and bioluminescence of Noctiluca scintillans on varying algal diets. Journal of Plankton Research 17(1): 29-40. En xullo de 2015, en Alleppey, Kerala, India, ocorreu o fenómeno e o Instituto Nacional de Oceanografía e o Departamento de Pesca de Kerala investigouno, descubrindo que as ondas brillantes eran o resultado de Noctiluca scintillans. En 2005, Steven Miller, do Laboratorio de Investigación Naval de Monterey, California, puido combinar imaxes de satélite de 1995 cunha mostra de primeira man dun buque mercante. O programa de satélites meteorolóxicos de defensa dos Estados Unidos mostrou que a área da ardentía era de aproximadamente (aproximadamente do tamaño do estado de Connecticut). Observouse que o campo luminiscente brillou durante tres noites consecutivas.
thumb|Proa dun veleiro pasando pola ardora no Mar do Norte|esquerda
Aínda que as fotos monocromáticas fan que este efecto pareza branco, o científico do Instituto de Investigación do Acuario da Baía de Monterey Steven Haddock (autor dun estudo sobre o efecto da ardora) comentou que "a luz producida polas bacterias é en realidade azul, non branca. É branco no gráfico debido ao sensor monocromático que usamos, e pode parecer branco ao ollo porque os bastóns ou bastonetes (as células utilizadas para a visión nocturna) non discriminan a cor." Nas Shetland (onde xeralmente é causada por Noctiluca scintillans), ás veces o a ardora foi descrita como verde. Non se sabe se esta diferenza depende da zona, ou simplemente da percepción dunha cor cianizada como verde.
thumb|Noctiluca scintillans varias
Etimoloxía En lingua galega tanto ardora como ardentía proveñen da raíz latina ardor/ardere (lume, calor, queima), o mesmo que en portugués e castelán.miniatura|350x350px|Ardora producida ao romper as ondas
O fenómeno coñécese como mareel nas illas Shetland. Este termo deriva da palabra nórdica *mareld , que se deriva da palabra nórdica antiga mǫrueldr, que é un composto de marr (mero, mar) e eldr (lume). En danés, da mesma raíz é morild. Os cognados de mareel inclúen o termo islandés maurildi que se refire tanto á ardora, como á orde Noctilucales dos dinoflaxelados mariños que producen a bioluminescencia, o termo en lingua danesa morild, e norueguesa morild ou moreld, en sueco mareld e en finés merituli.
En lingua inglesa chámanse milky seas (mares de leite). En alemán chámase Meeresleuchten (luces do mar).
Formación O mar de ardora fórmase cando unha gran concentración de microorganismos bioluminiscentes, principalmente dinoflaxelados, son estimulados polo movemento da auga. Un estímulo mecánico activa a emisión da luz, como pode ser cando rompe unha onda ou pasa unha embarcación, o que provoca que estes organismos emiten luz e, ao actuar millóns deles ao mesmo tempo, o mar parece iluminarse. O proceso pode resumirse así:
Prodúcese unha proliferación do fitoplancto. Determinadas condicións ambientais favorecen que estes organismos microscópicos se multipliquen e alcancen grandes concentracións. No caso do mar de ardora en Galicia, o CSIC sinala especialmente a especie Noctiluca scintillans, aínda que tamén poden estar implicadas outras especies. Os microorganismos acumúlanse na superficie ou en determinadas masas de auga. A proliferación destes microorganismos está relacionada coa dinámica oceanográfica e co ciclo estacional do fitoplancto. Factores como a dispoñibilidade de nutrientes, a temperatura ou a escasa axitación da auga poden favorecer determinadas proliferacións de dinoflaxelados. Un estímulo mecánico activa a emisión de luz. Cando as ondas rompen, pasa unha embarcación, se move a auga ou unha persoa a remexe, os organismos bioluminiscentes responden emitindo pequenos escintileos de luz. Por este motivo a ardora adoita observarse especialmente de noite, formando trazos luminosos nas ondas ou unha estela brillante arredor dos obxectos que se moven na auga. A suma de millóns de organismos produce o efecto visible. A luz individual de cada microorganismo é moi pequena, pero cando existe unha elevada concentración deles, a emisión conxunta pode facer que grandes extensións do mar parezan brillar cunha característica tonalidade azulada.
Na literatura Os mares de ardora apareceron moitas veces en relatos históricos dos mariñeiros, incluído o da primeira viaxe de Cristovo Colón. Despois foron incorporados á ficción, por exemplo en Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne.
No libro infantil Jim Knopf und die Wilde 13 de Michael Ende (publicado en 1962), o resplandor do mar xoga un papel fundamental: Jim Button debe axudar a reparar o brillo do mar para iluminar o reino das sereas e dos humanos. No libro de Ende, con todo, a ardora créase ao acender o grande imán de Gurumusch.
Notas
Véxase tamén
Plancto Bioluminescencia Fosforescencia Fluorescencia
Bibliografía
Discusión detallada e imaxes de observación do mar de ardora BBC News: "Mares lácteos" (milky seas) detectados desde o espazo Miller, SD, SHD Haddock, CD Elvidge, TF Lee. Detección dun gran mar de ardora bioluminiscente dende o espazo. Actas da Academia Nacional de Ciencias. v102:14181-14184 Resumo Nealson, KH e JW Hastings (2006) Quorum sensing on a global scale: massive numbers of bioluminescent bacteria make milky seas Appl. Environ. Microbiol. 72: 2295-2297. Manuscrito
Nijhuis, Michelle (2022) "O misterio dos mares de ardora, Scientific American, 327 (2): 30–39.
Categoría:Bioluminescencia