Francis Buchanan-Hamilton, nado en Callander, Perthshire, Escocia o 15 de febreiro de 1762, e finado na Gran Bretaña o 15 de xuño de 1829, foi un médico, botánico e zoólogo escocés que viviu na India.
Traxectoria Nacido como Francis Buchanan, era fillo de Elizabeth, que vivía na leira de Branziet; seu pai, Thomas, médico, chegou a Spittal e reclamou a xefatura do nome de Buchanan, e era dono dunha propiedade en Lenyi.
Francis Buchanan engadiu "Hamilton" ao seu apelido ao recibir a súa herdanza materna, aínda que non asumiu este nome até tres anos despois da súa retirada da India.V. H. Jackson, "preface" in Journal of Francis Buchanan. Delhi, 1989.
Hamilton estudou Medicina na Universidade de Edimburgo, onde acadou a título de Doutor.Biographical index of former fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783 – 2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. Xullo de 2006. ISBN 0-902-198-84-X. Despois de varias viaxes en navíos da mariña mercante a Asia, serviu no Servizo Médico Bengalí desde 1794 a 1815. Durante este tempo foi enviado a varias expedicións de investigaciónen á India e ao Nepal.
De 1803 a 1804 foi o ciruxián oficial do Gobernador Xeneral da India Lord Wellesley en Calcuta, onde incluso organizou un zoolóxico que foi o núcleo do actual "Calcutta Alipore Zoo". Sucedeuó a William Roxburgh no posto de superintendente do Xardín Botánico de Calcuta en 1814, pero tivo que volver á Gran Bretaña en 1815 debido ao seu mal estado de saúde, onde faleceu o 15 de xuño de 1829.
En 1822 publicou An account of the fishes found in the river Ganges and its branches (onde describiu a especie Pimelodus arius, hoxe Arius arius). En 1807 escribiu A Journey from Madras through the Countries of Mysore, Canara and Malabar e, en 1819, An Account of the Kingdom of Nepal.
Tamén recolectou e describiu numerosas novas especies de plantas da rexión.
Honores Eponimia Animais Emberiza buchanani Prinia buchanani
Vexetais (Annonaceae) Monanthotaxis buchananii (Engl.) Verdc.Fl. Trop. E. Africa, Annon. 97. 1971; & en Kew Bull. 25 (1): 24 (IK). (Asclepiadaceae) Cryptolepis buchananii Roem. & Schult.Syst. Veg. ed. 15 bis 4: 409. 1819 (IK)
Obras Journey from Madras through the countries of Mysore, Canara, and Malabar: for the express purpose of investigating the state of agriculture, arts and commerce, the religion, manners, and customs, the history natural and civil, and antiquities. 3 Volumes. Londres, 1807 An Account of the Kingdom of Nepal, 1819 An account of the fishes found in the river Ganges and its branches. Edimburgo & Londres, 1822
Abreviaturas A abreviatura Buch.-Ham. emprégase para recoñecer a Francis Buchanan-Hamilton como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Buch.-Ham. – Francis Buchanan-Hamilton (1762-1829) no IPNI.
Tamén aparece a súa abreviatura en equipos, como: Buchanan-Hamilton & D. Don Buchanan-Hamilton & de Candolle
A abreviatura Hamilton emprégase para recoñecer a Francis Buchanan-Hamilton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía D. Prain. A sketch of the life of Francis Hamilton (once Buchanan) sometime Superintendent of the Honourable Company's Botanic Garden, Calcutta. En: Ann. of the Royal Botanic Garden 10 (2): I–LXXV, Calcuta 1905. Leslie Stephen (ed.) Dictionary of national Biography. Vol. VII, pp. 186, Smith, Elder & Co., Londres, 1886.
Categoría:Científicos de Escocia Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Botánicos de Escocia Categoría:Ictiólogos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Exploradores Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1762 Categoría:Finados en 1829