Ollie está perdido (en ) é unha serie de televisión estadounidense creada por Shannon Tindle que combina animación por ordenador con imaxe real. A serie está baseada no libro infantil Ollie's Odyssey de 2016 de William Joyce. Foi estreada en Netflix o 24 de agosto de 2022, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.

Sinopse Lost Ollie trata dun xoguete abandonado que percorre un camiño por diversas localizacións en busca do neno que perdeu moito máis que un mellor amigo.

Elenco Voces orixinais en inglés:

Jonathan Groff como Ollie Mary J. Blige como Rosy Tim Blake Nelson como Zozo Gina Rodríguez como nai Jake Johnson como o pai Kesler Talbot como Billy A versión en galego foi realizada por SDI Media, traducida por Manuel Arca Castro e dirixida por Gonzalo Faílde.

Produción O 6 de outubro de 2020, o director de Netflix Teddy Biaselli revelou que a plataforma adquirira o proxecto Lost Ollie e que a serie levaba en produción desde 2016. O 9 de marzo de 2021, Jonathan Groff foi elixido para o papel principal, xunto coas voces de Mary J. Blige, Tim Blake Nelson, Gina Rodríguez, Jake Johnson e Kesler Talbot. A produción comezou en Vancouver.

A rodaxe principal da serie comezou o 1 de febreiro de 2021 e tivo lugar dentro e fóra de College Park Elementary en Port Moody, na Metro Vancouver, Columbia Británica. Segundo Production Weekly, a rodaxe concluíu en marzo de 2021.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas Tráiler en galego Recensión do libro Ollie's Odyssey Recensión con imaxes das páxinas ilustradas do libro en Kids Lit Review

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión con versión galega