Hagfors é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. A súa capital é Hagfors. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 11 418 habitantes.
A zona que conforma o concello é moi montañosa e está atravesada por vales. Entre os vales, o val de fractura do Klarälven, en dirección norte-sur, é o máis rechamante. A zona ten unha longa tradición nas industrias do ferro e do aceiro que aínda dominaban a actividade económica local a principios da década de 2020.
Xeografía Hagfors está a uns 50 km ao norte de Karlstad, e ten unha estreita colaboración cos municipios veciños de Sunne, Torsby e Munkfors. O norte do concello forma parte do chamado Tiomilaskogen.
O concello limita ao noroeste co municipio de Torsby, ao oeste co de Sunne, ao sur e ao suroeste co de Munkfors, ao suroeste co de Forshaga, ao sur co de Karlstad, e ao leste co de Filipstad, todos eles no condado de Värmland. Ao norte e nordés tamén limita co concello de Malung-Sälen, no condado de Dalarna.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland