Cahors (en occitano Caors) é unha cidade e comuna francesa situada na rexión de Occitania, no departamento de Lot.

Con 19 907 habitantes, nunha aglomeración de 41 607 habitantes (Grand Cahors), Cahors foi a capital histórica da antiga provincia de Quercy.

O seu xentilicio en francés é cadurciens (antigamente cahorsins) e en occitano caorsins.

Elevada nun meandro do río Lot, rodeada de outeiros escarpados e de altas mesetas calcarias áridas, o seu casco histórico está dotado dun rico conxunto patrimonial de gran diversidade, herdado notabelmente da Antigüidade e da Idade Media, e coñecida pola súa popular ponte Valentré, incluída na lista de Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO, xa que forma parte do Camiño Francés, polo seu centro histórico de rúas estreitas e os seus ricos palacios, pola Catedral de Santo Esteban e o seu claustro, polo seu mercado tradicional premiado en 2018 como o mercado máis fermoso de Mediodía-Pireneos e polo seu mercado de abastos do século XIX, que constitúe a "alma da cidade"'.

Categoría:Concellos do departamento de Lot Categoría:Cidades de Francia