Tom Iredale, nado o 24 de marzo de 1880 en Workington, Cumberland, Inglaterra, e finado o 12 de abril de 1972,Kloot, Tess: "Iredale, Tom (1880–1972)". En Australian Dictionary of Biography. Melbourne University Press. ISBN 978-0-5228-4459-7. foi un malacólogo e ornitólogo de orixe inglesa que tivo unha longa relación con Australia, onde viviu a maior parte da súa vida. Foi un autodidacta que nunca foi á universidade e carecía dunha formación formal. Isto reflectiuse na súa obra: nunca revisou os seus manuscritos, nin usou a máquina de escribir.

Traxectoria Primeiros anos Iredale nació en Stainburn, Workington, Cumberland (Inglaterra). Foi aprendiz de farmacéutico desde 1899 até 1901, e adoitaba ir a observar aves e recoller ovos no Distrito dos Lagos (Lake District, no condado de Cumbria, hoxe Parque nacional) co seu compañeiro, o químico William Carruthers Lawrie.

En Nova Zelandia Iredale emigrou a Nova Zelandia seguindo o consello do seu médico, xa que tiña problemas de saúde. Posibelmente a enfermidade era a tuberculose. Segundo unha carta a Will Lawrie datada o 25 de xaneiro de 1902, chegou a Wellington (capital de Nova Zelandia) en decembro de 1901, e viaxou de inmediato a Lyttelton e a Christchurch. No seu segundo día en Christchurch, descubriu que na galería de historia natural estranxeira do Museo Público, 2 dos 16 ovos de aves inglesas estaban erroneamente identificados: o ovo de Lagopus lagopus scotica (lagópodo escocés) estaba etiquetado como un escolopácido do xénero Calidris, e a Gallinula chloropus como Rallus aquaticus.

Iredale empregouse nunha empresa de Christchurch (1902-1907).

Viaxe ás illas Kermadec En 1908 Iredale uniuse a unha expedición ás illas Kermadec, e viviu durante dez meses nestas remotas illas ao nordeste de Nova Zelandia.​ Ao vivir entre milleiros de aves e estudalas, converteuse nun experto en aves. Sobreviviu disparando e comendo os obxectos do seu estudo. Tamén coleccionou moluscos nas illas e desenvolveu o seu interese pola malacoloxía. Como naturalista entusiasta naqueles tempos, xa tiña un amplo interese pola natureza, e isto marcou un novo xiro na súa carreira.

En Queensland En 1909 Iredale visitou Queensland, recolectando ao redor de 300 especies de quitóns e outros moluscos. A súa reputación entre os seus compañeiros foi en aumento, a pesar de non posuír un título universitario.

Na Gran Bretaña miniatura|250px|Iredale en 1923 Iredale regresou a Gran Bretaña onde foi un traballador independente no Museo Británico de Historia Natural en Londres (1909-1910). Alí traballou como asistente de Gregory Mathews no libro The Birds of Australia (1911-1923). Escribiu gran parte do texto, pero o traballo atribuíuse a Mathews.

Mentres traballaba en Londres viviu con Jane Davies, unha cantante, á que coñeceu nunha velada dos Rothschild en 1910. A relación viuse afectada polas súas exploracións no estranxeiro, aínda que un fillo (falecido de neno) e catro fillas naceron entre 1910 e 1917.​

Iredale continou o seu trabajo en historia natural baixo o patrocinio de naturalistas adiñeirados como Charles Rothschild, para quen viaxou a Hungría para recolectar pulgas de aves. Casou con Lilian Marguerite Medland o 8 de xuño de 1923, coa que tivo unha filla, Ida. Ela ilustrou varios dos seus libros e converteuse nunha das mellores artistas de aves de Australia.

En Nova Gales do Sur miniatura|240px|Iredale estudando cunchas no Museo Australiano, 1933

Iredale regresou a Australia en 1923 e foi elixido membro da Real Unión de Ornitólogos de Australasia (RAOU) no mesmo ano. Foi conselleiro de RAOU para Nova Gales do Sur en 1926, e serviu no Comité de Migracións da RAOU de 1925 a 1932.

Ocupou un posto como conquiliólogo no Museo Australiano en Sydney (1924-1944). Iredale foi orixinarimente designado para axudar a Joyce Allan, a xefa temporal do departamento de Conquilioloxía. Porén, as súas posicións invertíronse en 1925.Walker, Prue. "Joyce Allan, Conchologist". Australian Museum.

Traballou incansabelmente en publicacións sobre cunchas, aves, ecoloxía e zooxeografía. Deu numerosas conferencias e escribiu moitos artigos científicos de divulgación en xornais. Debido aos seus esforzos (e dos de conservadores posteriores), a Sección de Moluscos do Museo Australiano hoxe contén a maior colección de moluscos no hemisferio sur, con máis de 6 000 espécimes. Iredale foi asociado honorario desde a súa xubilación en 1944 até a súa morte.

Taxons descritos por Iredale Iredale rexistrou unha lista de ao redor de mil nomes sistemáticos que publicara en 1932, ordenados cronoloxicamente e indexados. Esta lista inédita converteuse na base da que produciu para o Museo Australiano, e publicouse en The Australian Zoologist (1956), detallando as obras dos cincuenta anos da carreira de Iredale. Esta lista, elaborada como homenaxe ao autor aínda en activo, elevou o número total de nomes a máis de dos mil cincocentos, e destacou as súas outras publicacións e colaboradores.

Honores Eponimia Moitas especies e varios xéneros de malacoloxía, ictioloxía e ornitoloxía foron nomeados na súa hora, por exemplo: Iredalea W. Oliver, 1915 Cryptoplax iredalei E. Ashby, 1923

Distincións Iredale foi: Nomeado membro da Real Sociedade Zoológica de Nova Gales do Sur en 1931 Foi galardoado coa Medalla Clarke da Real Sociedade de Nova Gales do Sur en 1959, e Foi presidente da Real Sociedade Zoolóxica de Nova Gales do Sur entre 1937 e 1938

Algunhas obras 1913. "Solander as an Ornithologist", Ibis, pp. 127–135 1931."John Brazier 1842–1930", Nautilus, vol. 44 1937. "J. R. and G. Forster, Naturalists", Emu, vol. 37, pp. 95–99 1940. "Book review. The fishes of Australia". Part I by G. P. Whitley. Proceedings of the RZS of NSW 1939–40: 41. 1941. "Book review. The molluscs of South Australia". Part II by B. C. Cotton & F. K. Godfrey. Proceedings of the RZS... 1940–41: 35. 1942. "Book review. Australian Insects. An introductory handbook by Keith C. McKeown". Proceedings of the RZS of NSW 1941–42: 33–34. 1947. "Book review. Gliders of the gum trees. The most beautiful and enchanting Australian marsupials by David Fleay". Proceedings of the RZS... 1947-47: 5. 1951. "Book review. Australian shells by Joyce Allan". Proceedings of the RZS of NSW 1949–50: 73–74. 1958. "Book review. Cowry Shells of World Seas by Joyce Allan". Proceedings of the RZS of NSW 1956–57: 95–96. 1950. Birds of Paradise and Bower Birds 1956. Birds of New Guinea (Vols.1, 2), Illustrated with 35 plates in colour figuring 347 birds by Lilian Medland 1956. "John (William) Brazier", Proceedings of the Royal Zoological Society of New South Wales, p. 105 1956. "Broinowski's Birds and Mammals of Australia", Proceedings of the Royal Zoological Society of New South Wales, 1956 1960. "Scientific Societies in Australia. The Sydney University Chemical Society, The Royal Australian Chemical Institute", Proceedings..., vol. 27, pp. 216–217 1964. "Sir William Dennison as a Conchologist", Proceedings of the Royal Zoological Society of New South Wales, pp. 27–30 (con G. P. Whitley) 1967. "Charles Hedley", Proceedings of the Royal Zoological Society of New South Wales, vol. 88, pp. 26–31

Abreviatura A abreviatura Iredale emprégase pare recoñecer a Tom Iredale como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McMichael D. F. & Whitley G. P. (1956): "The published writing of Tom Iredale with an index of his new scientific names". Australian Zoologist 12: 211–250. Ponder W. F. & Whitley G. P. (1972): "Tom Iredale (1880–1972)". The Nautilus 68: 60-62.

Ligazóns externas Obras de ou sobre Tom Iredale en Internet Archive.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Malacólogos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Cumberland Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1972