Manuel Pereira Míguez, nado cara a 1853 e finado en Redondela en maio de 1939, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado. Foi nomeado xuíz municipal de Redondela en 1920.El Compostelano, 27-11-1920, p. 1. Cando rematou a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Redondela como maiores contribuíntes,El Pueblo Gallego, 25-2-1930, p. 11. e designado alcalde como concelleiro de maior idade en febreiro de 1930.El Pueblo Gallego, 27-2-1930, p. 7. Cesou no cargo en abril.El Pueblo Gallego, 24-4-1930, p. 9. Finou en Redondela en maio de 1939 aos 85 anos.El Pueblo Gallego, 31-5-1939, p. 6.

Vida persoal Foi pai de Manuel, José, Florentino, Luís e Antonio Pereira Míguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1939

Categoría:Nados en 1853