Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Operando en todo o mundo, o servizo pode requirir unha subscrición completa a Prime para acceder. En países como os Estados Unidos, o Reino Unido e Alemaña, pódese acceder ao servizo sen unha subscrición a Prime completa, mentres que en Australia, o Canadá, Francia, a India, Turquía e Italia só se pode acceder a el a través dunha sitio web dedicado. Prime Video ofrece ademais un servizo complementario de contido en forma de canles, chamados Amazon Channels ou Prime Video Channels, que permiten aos usuarios subscribirse a servizos adicionais de subscrición de vídeo doutros provedores de contido dentro de Prime Video.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Amazon Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Empresas de Internet Categoría:Televisión Categoría:Servizos de streaming