Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano, máis coñecido polo seu título nobiliario Duque de Rivas, nado en Córdoba o 10 de marzo de 1791 e finado en Madrid o 22 de xuño de 1865, foi un dramaturgo, poeta e político español, coñecido polo drama romántico Don Álvaro o La fuerza del Sino.
Traxectoria Estudou no Seminario de Nobres de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a Cruz de Cabaleiro de Malta, a Bandeirola da Garda de Corps, o Hábito de Santiago etc. En 1807 foi alférez da Garda Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Cabalaría Lixeira. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Maior.
En 1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en 1820. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara a Inglaterra, despois pasou a Malta onde viviu cinco anos, marchando en 1830 a París. Despois da morte de Fernando VII, regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en 1834 morreu o seu irmán máis vello e foille concedido o título de Duque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a Portugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en Nápoles e Francia. Foi Presidente do Consello de Ministros durante un día, do Ateneo de Madrid e da Real Academia Española en 1865.
Obras Poesías Poesías (1814) Al faro de Malta (1824) La niña descoloría Con once heridas mortales Letrilla
Sonetos A Lucianela A Dido abandonada Cual suele en la floresta deliciosa El álamo derribado Mísero leño Ojos divinos Receta segura Un buen consejo
Teatro Aliatar (1816) Lanuza (1822) Florinda (1826) Arias Gonzalo (1827) El desterrado Viaje al Vesubio Los Hércules El parador de Bailén El hospedador de provincia El duque de Aquitania El faro de Malta (1828) Don Álvaro o la fuerza del sino (1835) Tanto vales cuanto tienes (1840) La morisca de Alajuar (1841) El desengaño en un sueño (1842) La azucena milagrosa (1847) El crisol de la lealtad
Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Embaixadores de España en Francia Categoría:Embaixadores de España en Italia Categoría:Senadores de España Categoría:Alcaldes de Madrid Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 1791 Categoría:Finados en 1865 Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Cabaleiros da Orde de Santiago