Igor Belanov (Ігор Бєланов/Ihor Bielanov en Ucraíno), nado o 25 de setembro de 1960 en Odesa, Unión Soviética, é un exfutbolista que gañou o Balón de Ouro como mellor xogador europeo de ano en 1986
Traxectoria Belanov xogou para o SKA Odessa (1979-80), FC Chornomorets Odessa (1981-84) e Dinamo Kíiv (1985-89), co que gañou a Recopa de Europa en 1986.
En 1989 marcha a Alemaña para xogar no Borussia Mönchengladbach. En 24 encontros anotou 4 goles mais no obtivo o recoñecimento esperado. Tivo que marchar do club cando a súa muller se viu envolta no roubo a unha tenda.
Así, en 1991 ficha polo Eintracht Braunschweig unha escuadra da 2ª división xermana.
En 1995 volta ao seu país, xogando no FC Chornomorets Odessa e despois no Metalurh Mariupol onde remata a súa carreira en 1997
Coa selección da Unión Soviética xogou un total de 33 encontros nos que anotou 8 goles.
Véxase tamén
Ligazóns externas Igor Belanov en UkrSoccerHistory.com
Categoría:Nados en Odesa Categoría:Futbolistas de Ucraína Categoría:Futbolistas da Unión Soviética Categoría:Xogadores do FC Dynamo Kyiv Categoría:Xogadores do SKA Odesa Categoría:Xogadores do FC Chornomorets Odesa Categoría:Xogadores do Borussia Mönchengladbach Categoría:Xogadores do Eintracht Braunschweig Categoría:Xogadores do FC Illichivets Mariupol Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Unión Soviética Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Balón de Ouro