Santa Isabel de Quintela do Pando é unha parroquia e unha aldea que pertence ao concello de Viana do Bolo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 26 habitantes (12 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 33 habitantes.
Datos Sitúase a 5 km da capital do concello. Está nun alto, sobre a zona da chaira. A economía pertence ao sector primario, con gandería ovina. A zona de Quintela é rica en castiñeiros, polo que un dos recursos do pobo son os bullotes e os choupís, un tipo de cogomelo. No ano 2005 fíxose a traída da auga e no 2006 ampliouse o teleclub.
Celébranse as festas de san Sebastián (20 de xaneiro) e santa Isabel (primeiro domingo de xullo), amais do magosto e os reis. Amais o 18 de agosto celébrase outra festa na que participan emigrantes retornados.
Lugares e parroquias Lugares de Quintela do Pando
Parroquias de Viana do Bolo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Viana do Bolo
Categoría:Parroquias de Viana do Bolo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Isabel