O Campionato Carioca (en ), é a máxima competición de fútbol do estado brasileiro do Río de Xaneiro. Coñecido oficialmente como Campeonato Estadual do Rio de Janeiro, dispútase dende 1906, organizado pola Federación de Fútbol do Estado do Río de Xaneiro. É a terceira competición de fútbol máis antiga do Brasil, só por detrás do Campionato Paulista e do Campionato Baiano.

A historia da competición está marcada polas rivalidades entre os catro equipos brasileiros máis prestixiosos do Río: Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco da Gama. O Flamengo é o club con máis títulos, cun total de 37. Historia

Os primeiros anos A finais do século XIX e comezos do XX deuse un forte crecemento da popularidade do fútbol no Río de Xaneiro e en Niterói. Creáronse clubs como o Rio Cricket, o Fluminense, o Bangu, o América Football Club e o Botafogo, e organizáronse as primeiras competicións entre eles. O 8 de xuño de 1905 fundouse a Liga Metropolitana de Fútbol.

En 1906, celebrouse o primeiro Campionato Carioca, disputado por seis clubs: Fluminense, Botafogo, Bangu, Football and Athletic, Paissandu e Rio Cricket. O America, a pesar de ser un dos fundadores da liga, non disputou a primeira edición, que foi conquistada polo Fluminense.

En 1907, o campionato rematou cun empate entre o Botafogo e o Fluminense. O Fluminense considerábase a si mesmo campión, argumentando o criterio da diferenza de goles, mentres que Botafogo pediu un partido de desempate. A disputa quedou sen resolver ata 1996, cando ambos os clubs foron oficialmente proclamados campións. O 29 de febreiro de 1908, Fluminense, Botafogo, América, Paissandu, Rio Cricket e Riachuelo fundaron a Liga Metropolitana de Sports Athleticos (LMSA), que pasou a organizar o Campionato Carioca. O campión foi o Fluminense.

Escisións

AFRJ: a primeira escisión A primeira escisión da liga produciuse en 1911, cando o Botafogo, descontento pola suspensión do seu futbolista Abelardo de Lamare, abandonou a LMSA e fundou a Associação de Football do Rio de Janeiro (AFRJ). Esta organizou un campionato paralelo, que foi conquistado polo propio Botafogo.

LMDT: 1917-1932 En 1917, varias acusacións de suborno fixeron que a LMSA cambiase a denominación pola de Liga Metropolitana de Desportos Terrestres (LMDT). O Fluminense gañou a competición daquel ano.

AMEA: a segunda escisión O 1 de marzo de 1924 produciuse unha segunda escisión na liga, cando se fundou a Associação Metropolitana de Esportes Athleticos (AMEA), por parte de Flamengo, Fluminense, Botafogo e America, con restricións para os xogadores negros e de clase baixa. A Confederação Brasileira de Desportos (CBD) recoñeceu á AMEA como a liga oficial do Río de Xaneiro a partir de 1924 e desvencellouse da LMDT. A nova competición da AMEA foi gañada polo Fluminense, mentres que a da LMDT gañouna o Vasco da Gama, o único club significativo que se mantivo na antiga liga. En 1925, a AMEA anulou as súas condicións raciais e o Vasco abandonou a LMDT, que continuou con clubs menores. Anos máis tarde, o campionato LMDT de 1924 foi considerado oficial, pero non os seguintes campionatos da LMDT. 

Profesionalización e a unión da liga O 23 de xaneiro de 1933, Bangu, Fluminense, Vasco e América fundaron a primeira liga profesional do Río de Xaneiro, a Liga Carioca de Futebol (LCF), que non foi recoñecida pola Confederação Brasileira de Desportos, contraria ao profesionalismo no deporte. Disputáronse dous campionatos paralelos durante tres anos, ata que

se fusionaron en 1937, ano no que os clubs de fútbol brasileiros foron profesionalizados.

Federación Carioca de Futebol (FCF) O 21 de abril de 1960, a capital brasileira pasou a ser en Brasilia, polo que a Federação Metropolitana de Futebol foi rebautizada como Federação Carioca de Futebol (FCF). O America gañou o campionato estatal daquel ano.

Despois de 1975 O 15 de marzo de 1975, os estados do Río de Xaneiro e Guanabara fusionáronse baixo o nome de Río de Xaneiro. O 29 de setembro de 1978 fundouse a Federação de Futebol do Estado do Rio de Janeiro (FERJ), coa fusión do FCF do estado de Guanabara e da FFD do estado de Río de Xaneiro. En 1979 disputouse un campionato extra, incluíndo tamén aos equipos estatais de fóra da cidade, que ata ese ano disputaban o Campionato Fluminense. Foi gañado polo Flamengo.

Formato A competición adoita dividirse en tres fases: a tradicional Taça Guanabara, a Taça Rio e a final.

A Taça Guanabara é a primeira fase da competición, cos equipos divididos en dous grupos. Os tradicionas "catro grandes" (Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco da Gama) actúan como cabezas de serie, con dous deles en cada grupo. Os equipos xogan un partido contra cada equipo do seu grupo, e o primeiro de cada grupo xoga pasa a semifinais, onde xoga contra o segundo equipo. Os vencedores clasifícanse para o partido final.

A Taça Rio é a segunda etapa da competición. Os equipos divídense nos dous mesmos grupos da Taça Guanabara, pero cada un deles xoga unha vez contra cada equipo do outro grupo. O primeiro equipo de cada grupo compite nas semifinais co segundo equipo do grupo contrario, e os gañadores das semifinais compiten pola Taça Rio.

Os gañadores da Taça Guanabara e da Taça Rio disputan a final do Campionato Carioca, a dobre partido.

Lista de campións e máximos goleadores

Era afeccionada TempadaCampiónSubcampiónMáximo goleadorClubGoles1906Fluminense (1)PaissanduHorácio CostaFluminense181907Botafogo (1)Fluminense (2)Ambos clubs foron declarados campiónsPaissanduFlávio RamosBotafogo61908Fluminense (3)BotafogoEdwin CoxFluminense12America1909Fluminense (4)BotafogoFlávio RamosBotafogo161910Botafogo (2)FluminenseAbelardo de LamareBotafogo221911Fluminense (5)AmericaJames CalvertFluminense51912 (LMSA)Paissandu (1)FlamengoHenry RobinsonPaissandu241912 (AFRJ)Botafogo (3)SC AmericanoMimi SodréBotafogo121913America (1)FlamengoMimi SodréBotafogo131914Flamengo (1)BotafogoBarthôFluminense101915Flamengo (2)FluminenseHenry WelfareFluminense191916America (2)BotafogoAluízioBotafogo121917Fluminense (6)AmericaLuís MenezesBotafogo161918Fluminense (7)BotafogoLuís MenezesBotafogo211919Fluminense (8)FlamengoBraz de OliveiraSão Cristóvão241920Flamengo (3)FluminenseArlindoBotafogo17ClaudionorBangu1921Flamengo (4)AmericaCecyVila Isabel151922America (3)FlamengoBraz de OliveiraCarioca151923Vasco da Gama (1)FlamengoNonôFlamengo171924 (AMEA)Fluminense (9)FlamengoNiloFluminense281924 (LMDT)Vasco da Gama (2)BonsucessoTelêAndarahy161925Flamengo (5)FluminenseNonôFlamengo271926São Cristóvão (1)Vasco da GamaVicenteSão Cristóvão251927Flamengo (6)FluminenseNiloBotafogo301928America (4)Vasco da GamaVicenteSão Cristóvão211929Vasco da Gama (3)AmericaRussinhoVasco23TelêAmerica1930Botafogo (4)Vasco da GamaPreguinhoFluminense20LadislauBangu1931America (5)Vasco da GamaRussinhoVasco171932Botafogo (5)FlamengoPreguinhoFluminense211933 (AMEA)Botafogo (6)OlariaNiloBotafogo191934 (AMEA)Botafogo (7)AndarahyBiancoAndarahy13

Era profesional TempadaCampiónSubcampiónMáximo goleadorClubGoles1933 (LCF)Bangu (1)FluminenseTiãoBangu131934 (LCF)Vasco da Gama (4)São CristóvãoAlfredinhoFlamengo101935 (FMD)Botafogo (8)Vasco da GamaLadislauBangu181935 (LCF)America (6)FluminenseChinaBonsucesso161936 (FMD)Vasco da Gama (5)MadureiraCarvalho LeiteBotafogo151936 (LCF)Fluminense (10)FlamengoHérculesFluminense231937Fluminense (11)FlamengoNiginhoVasco251938Fluminense (12)FlamengoCarvalho LeiteBotafogo161939Flamengo (7)Vasco da GamaCarvalho LeiteBotafogo221940Fluminense (13)FlamengoLeônidasFlamengo301941Fluminense (14)FlamengoPiriloFlamengo391942Flamengo (8)BotafogoHelenoBotafogo281943Flamengo (9)FluminenseJoão PintoSão Cristóvão261944Flamengo (10)Vasco da GamaGeraldinoCanto do Rio191945Vasco da Gama (6)BotafogoLeléVasco131946Fluminense (15)BotafogoRodriguesFluminense281947Vasco da Gama (7)BotafogoDimasVasco181948Botafogo (9)Vasco da GamaOrlandoFluminense21OctávioBotafogo1949Vasco da Gama (8)FluminenseAdemirVasco311950Vasco da Gama (9)AmericaAdemirVasco251951Fluminense (16)BanguCarlyleFluminense231952Vasco da Gama (10)FlamengoMenezesBangu19Zizinho1953Flamengo (11)FluminenseBenítezFlamengo221954Flamengo (12)AmericaDino da CostaBotafogo241955Flamengo (13)AmericaPaulinhoFlamengo231956Vasco da Gama (11)FluminenseWaldoFluminense221957Botafogo (10)FluminensePaulo ValentimBotafogo221958Vasco da Gama (12)FlamengoQuarentinhaBotafogo201959Fluminense (17)BotafogoQuarentinhaBotafogo251960America (7)FluminenseQuarentinhaBotafogo251961Botafogo (11)FlamengoAmarildoBotafogo181962Botafogo (12)FlamengoSaulzinhoVasco181963Flamengo (14)FluminenseBianchiniBangu181964Fluminense (18)BanguAmorosoFluminense191965Flamengo (15)BanguAmorosoFluminense101966Bangu (2)FlamengoPaulo BorgesBangu161967Botafogo (13)BanguPaulo BorgesBangu131968Botafogo (14)Vasco da GamaRobertoBotafogo131969Fluminense (19)BotafogoFlávioFluminense151970Vasco da Gama (13)FluminenseFlávioFluminense181971Fluminense (20)BotafogoPaulo César CajuBotafogo111972Flamengo (16)FluminenseDovalFlamengo161973Fluminense (21)Vasco da GamaDadá MaravilhaFlamengo151974Flamengo (17)Vasco da GamaLuisinho LemosAmerica201975Fluminense (22)BotafogoZicoFlamengo30Vasco da Gama1976Fluminense (23)Vasco da GamaDovalFluminense201977Vasco da Gama (14)FlamengoZicoFlamengo271978Flamengo (18)Vasco da GamaZicoFlamengo19Cláudio AdãoRoberto DinamiteVasco1979Flamengo (19)FluminenseZicoFlamengo261979 (extra)Flamengo (20)Vasco da GamaZicoFlamengo341980Fluminense (24)Vasco da GamaCláudio AdãoFluminense201981Flamengo (21)Vasco da GamaRoberto DinamiteVasco311982Vasco da Gama (15)FlamengoZicoFlamengo211983Fluminense (25)FlamengoLuisinho LemosAmerica221984Fluminense (26)FlamengoBaltazarBotafogo12Cláudio AdãoBangu1985Fluminense (27)BanguRoberto DinamiteVasco121986Flamengo (22)Vasco da GamaRomárioVasco201987Vasco da Gama (16)FlamengoRomárioVasco161988Vasco da Gama (17)FlamengoBebetoFlamengo171989Botafogo (15)FlamengoBebetoFlamengo181990Botafogo (16)Vasco da GamaGaúchoFlamengo141991Flamengo (23)FluminenseGaúchoFlamengo171992Vasco da Gama (18)FlamengoÉzioFluminense151993Vasco da Gama (19)FluminenseValdirVasco191994Vasco da Gama (20)FlamengoCharlesFlamengo14TúlioBotafogo1995Fluminense (28)FlamengoTúlioBotafogo271996Flamengo (24)Vasco da GamaRomárioFlamengo261997Botafogo (17)Vasco da GamaRomárioFlamengo181998Vasco da Gama (21)FlamengoRomárioFlamengo101999Flamengo (25)Vasco da GamaRomárioFlamengo162000Flamengo (26)Vasco da GamaRomárioVasco192001Flamengo (27)Vasco da GamaEdílsonFlamengo162002Estivo en disputa xudicial ata 2009, cando o Fluminense foi oficialmente confirmado como campión.Fluminense (29)AmericanoFábioVolta Redonda162003Vasco da Gama (22)FluminenseFábio BalaFluminense102004Flamengo (28)Vasco da GamaValdirVasco142005Fluminense (30)Volta RedondaTúlioVolta Redonda122006Botafogo (18)MadureiraDodôBotafogo92007Flamengo (29)BotafogoDodôBotafogo13MarceloMadureira2008Flamengo (30)BotafogoWellington PaulistaBotafogo142009Flamengo (31)BotafogoMaicosuelBotafogo122010Botafogo (19)FlamengoVágner LoveFlamengo152011Flamengo (32)FluminenseFredFluminense10FrontiniBoavista2012Fluminense (31)BotafogoAlecsandroVasco122013Botafogo (20)FlamengoHernaneFlamengo122014Flamengo (33)Vasco da GamaEdmilsonVasco112015Vasco da Gama (23)BotafogoFredFluminense112016Vasco da Gama (24)BotafogoTiago AmaralVolta Redonda102017Flamengo (34)FluminensePaolo GuerreroFlamengo102018Botafogo (21)Vasco da GamaPedroFluminense72019Flamengo (35)Vasco da GamaBruno HenriqueFlamengo82020Flamengo (36)FluminenseGabigolFlamengo8João CarlosVolta Redonda2021Flamengo (37)FluminenseAlef MangaVolta Redonda92022Fluminense (32)FlamengoGabigolFlamengo9

Palmarés