O Mantova 1911 Società a Responsabilità Limitata (Mantova 1911 srl), coñecido simplemente como Mantova, é un club de fútbol italiano con sede en Mantua, que milita na Serie C italiana. Refundado varias veces ao longo da súa historia, disputou sete tempadas na Serie A nas décadas de 1960 e 1970. Historia O Mantova foi fundado en 1911 e xogou durante anos na Prima Divisione. Coa reorganización do fútbol italiano nos anos 30, foi incluído na nova Serie C. Trala Segunda guerra mundial ascendeu e descendeu varias veces entre a Serie B e a IV Serie, ata que na campaña 1960/61 conseguiu o primeiro ascenso á Serie A da súa historia.
Disputou un total de sete campañas na máxima categoría do fútbol italiano durante os seguintes anos, interrompidos por dous descensos intermedios á Serie B.
A tempada 1971/72 foi a derradeira do club na Serie A.
Dende entón o Mantova desapareceu catro veces do panorama futbolístico italiano, en 1983, 1994, 2010 e 2017, todas por insolvencia, sendo refundado outras tantas veces.
Palmarés
Serie B (1): 1970/71. Serie C (1): 1958/59. Serie C2 (3): 1987/88, 1992/93, 2003/04.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial .
Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1911 Categoría:Equipos de fútbol de Italia