Juan González Martínez, coñecido como Perucho e Pinocho, nado en nado en Grandal (Vilarmaior) en 1919 e finado en Monfero en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Electricista dos estaleiros de Ferrol e militante comunista. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 prestaba servizo como mariñeiro electricista no Jaime I, e foi detido en Pontedeume, onde estaba de permiso. Xulgado en Ferrol en consello de guerra por desobediencia e insulto a un superior o 1 de outubro,El Diario de Pontevedra, 2-10-1936, p. 2. foi condenado. Saíu en liberdade provisional o 12 de agosto de 1941. Amigo de Arturo Cortizas López, reorganizou o PCE baixo a Unión Nacional Española (UNE) en Ferrol. Foi detido pola policía o 28 de xuño de 1944; o 1 de xullo foi trasladado ao cárcere da Coruña sendo excarledado o 14. Volveu ser detido ao día seguinte a disposición do Xulgado Militar. Saíu en liberdade provisional o 22 de decembro. Logo da redada que desmantelou o PCE en febreiro de 1946 botouse ao monte e uniuse á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Da súa morte en 1949 hai dúas versións: unha afirma que morreu nun enfrontamento coa Garda Civil, e segundo outra foi acusado de traizón e executado pola guerrilla na zona de Pazos (Monfero).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vilarmaior
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1949