Moeda de ouro axumita "Feature aAuction 103. Lot 954". Classical Numismatic Group.240x240pxA/: Busto coroado e drapeado cara á dereita, que sostén cetro, entre dúas espigas, todo dentro dunha orla circularR/: Busto drapeado cara á dereita, que sostén unha póla, entre dúas espigas, todo dentro dunha orla circular Data: Ca. 330-360 d. C. Monarca: Ezana, rei de Axum (Ca. 320 - Ca. 360). Metal: ouro. Diámetro: 17 mm. Peso: 1,57 g.

A moeda axumita foi a producida e utilizada no Reino de Axum, situado entre as actuais Eritrea e Etiopía, desde o reinado de Endubis, cara a 270 d. C., ata o declive do reino, na primeira metade do século VII. A partir dese momento, xa en época medieval, a moeda cuñada baixo o Sultanato de Mogadixo foi a que máis circulou nesta rexión do Corno de África.Chittick, N. (1976). Páxinas 117-133 miniatura|331x331px|Mapa do Reino de Axum no século VI, no seu momento de máxima extensión A moeda axumita serviu como medio de propaganda para demostrar a riqueza do reino e promover a súa relixión, primeiro politeísta e despois o cristianismo oriental. Estas cuñaxes favoreceron tamén o comercio co Mar Vermello, do que se nutría o reino.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 155.

O coñecemento actual destas moedas, cuxa denominación na época ignoramos, resultou así mesmo moi valioso para podermos establecer unha cronoloxía fiable dos reis axumitas, ante a carencia de traballos arqueolóxicos exhaustivos nesa rexión.Hahn, W. (2003). Páxinas 767-768.

Historia

Período premonetario Aínda que a emisión de moeda cuñada a nome do poder real non comezou ata arredor do ano 270 d. C., é probable que no reino de Axum xa se utilizasen pezas metálicas a modo de moeda desde algúns séculos antes da emisión formal de moeda. O Periplo do Mar Eritreo menciona que o Estado axumita importaba oricalco que se usaba "como adorno e para o cortar como diñeiro", e tamén "un pouco de diñeiro (denarion) para o uso dos estranxeiros que viven alí". Pódese deducir, xa que logo, que os primeiros reis axumitas, situados nas augas comerciais internacionais do Mar Vermello, recoñecían a utilizade da moeda estandarizada para facilitar o comercio tanto interno como con outros pobos.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 151.

Influencias Malia seren autóctonos os deseños das moedas axumitas, resultan innegables as influencias externas que fomentaron o uso da moeda. Na época en que se produciron as primeiras emisións en Axum, o comercio co Imperio Romano no Mar Vermello estaba moi estendido e non só se aprecian influencias da moeda romana, senón tamén das emisións cuxanas e das persas. Nas principais cidades de Axum acháronse moedas destas e doutras procedencias, aínda que en cantidades moi pequenas, polo que se supón que a circulación de moeda estranxeira foi moi limitada.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 152.

Aínda que os reinos do sur de Arabia tamén cuñaran moedas, estas deixaran xa de utilizarse na época da participación dos axumitas naquela rexión baixo o rei Gadarat, e só en moi contadas ocasións se producían cuñaxes en electro ou en ouro, o que fai improbable a súa influencia. No entanto, o maior pulo non se produciu por emulación senón por motivos económicos: o Mar Vermello e as súas costas sempre foran unha zona de comercio internacional e as moedas facilitarían en gran medida o comercio e a riqueza na rexión.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 150.

Malia estas influencias, estas eran lixeiras e pouco abundantes, e o deseño das moedas se considera xenuinamente autóctono.

Monarcas

Moeda de ouro a nome de Endubis "Axoum. Royaume Axoumite. Endubis". CGB Numismatique Paris (cgb.fr)240x240pxA/: Busto drapeado cara á dereita, con toucado, entre espigas, cunha bóla por riba dentro dunha media lúa. Lenda: ENDUBIS / BASILEUS ("Endubis Rei").R/: Busto drapeado cara á dereita, con toucado, entre espigas, cunha bóla por riba dentro dunha media lúa. Lenda: AXwMITw BISIDACU ("dos axumitas de Dakhu"). Data: Ca. 270-300 d. C. Monarca: Endubis, rei de Axum (270-300 d. C.). Metal: ouro. Diámetro: 15,6 mm. Peso: 2,72 g.

As moedas axumitas foron emitidas a nome de dezaoito monarcas, desde Ca. 295 ata Ca. 620: Endubis, Aphilas, Ousanas, Wazeba, Ezana, Ouazebas, Eon, Mehadeyis, Ebana, Nezana, Ousas, Kaleb, Armah, Wazena, Israel, Gersem, Ioel e Hataz.Bausi, A. (2017). "Review of Wolfgang Hahn and Vincent West,Sylloge of Aksumite Coins in the Ashmolean Museum, Oxford". En Aethiopica, 20. Páxinas 287-288.

De todas elas, as emisións máis sobranceiras son as correspondentes aos reinados de Endubis, Aphilas e Ezana.

Endubis

Endubis (270-300) foi o primeiro rei axumita do que se coñece que cuñase moeda. As súas emisións caracterízanse pola representación en exclusiva da súa imaxe, tanto nos anversos como nos reversos, consistente na súa cabeza e a metade superior do seu peito de perfil, cun toucado ou un casco rexio e abundantes xoias. Ademais do seu nome monárquico, Endubis engadiu nas inscricións das súas lendas o seu nome bisi, unha práctica que continuaron os seus sucesores inmediatos, pero que pouco e pouco foron abandonando os posteriores. O nome bisi respondía a unha especia de filiación tribal ou ethnikon, é dicir, unha referencia á liñaxe do rei, que era diferente para cada monarca.

Endubis facía énfase na súa crenza relixiosa a través do símbolo precristián do disco e a media lúa, como medio de propaganda, a través das súas emisións monetarias. Outro dos motivos característicos de Enubis e continuado nas emisións dos seus sucesores foi o das espigas de orxo ou de trigo a ambas as beiras da súa cabeza de perfil. Aínda que non existen probas de inscricións, dada a súa posición preeminente arredor das imaxes do rei, as dúas espigas deberon ser símbolos representativos do Estado axumita.

Aínda que as moedas posteriores serían máis pequenas, Endubis escolleu o áureo romano como padrón da moeda axumita e emitiu moedas co valor de medio áureo cun peso teórico que se estima en 2,725 gramos.

Aphilas

Moeda de prata a nome de Aphilas "Electronic Auction 467. Lot 457". Classical Numismatic Group.240x240pxA/: Busto drapeado cara á dereita, cunha bóla por riba dentro dunha media lúa.R/: Busto drapeado cara á dereita, con toucado, dentro dun aro, cunha bóla por riba dentro dunha media lúa. Data: Ca. 310-320 d. C. Monarca: Aphilas, rei de Axum (Ca. 310 - Ca. 320). Metal: prata. Diámetro: 12,5 mm. Peso: 0,72 g. En tanto que todas as moedas cuñadas por Endubis amosan o retrato do rei con toucado ou con casco, algunhas das de Aphilas (Ca. 310 - Ca. 320) representan o monarca cunha gran coroa alta sobre o seu toucado. Esta coroa presenta columnatas de arcos que soportan altas espigas, sobre as que descansan grandes discos de composición non identificada. Ademais da coroa e o toucado, algunhas moedas de Aphilas inclúen tamén outras imaxes de regalía, como unha lanza unha póla con bagas, armas e borlas con flocos adobiando a túnica imperial, ademais doutras xoias, como amuletos e brazaletes. Malia estas innovacións, Aphilas continuou a utilizar a imaxe de si mesmo con toucado rexio nalgunhas moedas, ás veces só no reverso, en tanto que a súa imaxe coroada só se acha no anverso.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 156.

Unha das emisións inclúe a súa imaxe de fronte no anverso, unha característica que non se continuou nos reinados seguintes, aínda que foi retomada nas emisións dos derradeiros monarcas. Outros dous trazos significativos das cuñaxes de Aphilas tamén foron abandonados polos seus sucesores: unha delas foi a inscrición "Rei Aphilas" como único elemento do reverso das moedas —a única cara puramente epigráfica das emisións axumitas—; e a outra foi o uso dunha única espiga de orxo ou de trigo como reverso, aínda que o uso de espigas rodeando a imaxe do monarca si que continuou.

Aphilas introduciu unha serie de padróns diferentes para os tres metais, algúns dos cales perduraron ata o século VII, en tanto que a vixencia doutros rematou co seu reinado. Das súas novas moedas de ouro —emitidas xunto coas máis antigas—, con valores dun cuarto e dun oitavo de áureo, só se coñece hoxe un exemplar de cada unha e foron abandonadas axiña. Tamén se acharon moedas co peso de 1/16 de áureo, aínda que é máis probable que se trate de rebaixas de peso deliberadas para aumentar os beneficios.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 157.

No entanto, a moeda de prata de Aphilas, emitida coa metade de peso con respecto á de ouro, converteuse no novo padrón axumita para a prata ata a fin da súa cuñaxe. É presumible que as moedas máis antigas fosen máis valiosas do que se precisaba, e a nova moeda solucionou este problema. Pola súa banda, as moedas de bronce de Aphilas duplicáronse ata os 4,83 gramos. A rareza actual desta moeda pode ser un testemuño da súa rápida retirada do mercado, do mesmo xeito que se supón que ocorreu co cuarto de áureo deste monarca. Estas dúas emisións son as dúas únicas de Aphilas que representan o rei de fronte e non de perfil.

Ezana

Moeda de prata a nome de Ezana "Feature Auction 72. Lot 2280". Classical Numismatic Group.240x240pxA/: Busto drapeado cara á dereita, con toucado, cunha bóla por riba dentro dunha media lúa. Lenda: HZA / NASR/: Busto drapeado cara á dereita, con toucado, dentro dun aro, cunha bóla por riba dentro dunha media lúa. Lenda BACIAEYC Data: Ca. 330-350 d. C. Monarca: Ezana, rei de Axum (325-356). Metal: prata. Diámetro: 11,0 mm. Peso: 0,62 g.

Durante o reinado de Ezana (325-356) produciuse un cambio significativo tanto no propio reino de Axum como na súa cuñaxe, como consecuencia do cambio da asunción do cristianismo como relixión oficial do reino, un dos primeiros estados en facelo. En tanto que as moedas da primeira metade do reinado de Ezana eran case idénticas ás de Aphilas —agás pola redución de peso—, na segunda metade comezaron a utilizarse uns deseños con diferenzas moi marcadas. Ezana comezou a introducir a cruz cristiá nas súas cuñaxes, o que constituíu a primeira aparición deste símbolo relixioso nas moedas en todo o mundo. Algunhas moedas de ouro desta época cristiá teñen un peso anterior á reforma ponderal de Constantino I do ano 324, o que indica unha conversión anterior a esta data ou, talvez, uns anos posterior, xa que é posible que os pesos da moeda axumita non cambiasen inmediatamente.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 160.

Xunto coa adopción da cruz nas moedas veu, loxicamente, o abandono doutros símbolos, como a estrela ou a media lúa. Tamén se atoparon moedas de Ezana carentes de simboloxía, xunto con outras de similar tipoloxía pertencentes ao seu pai, Ousanas. Estas moedas poden reflectir unha transición na relixión de Axum, cando Frumencio, o primeiro bispo de Axum, influíu no pai de Ezana e reuniu os cristiáns no país, dándolles peso aos escritos de Rufino. A falta de símbolos en conxunto pode reflectir unha maior incerteza sobre a mellor maneira de amosar o cambio da relixión oficial axumita.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 162.

As moedas cristiás posteriores a Ezana reflicten a adopción do padrón de 4,54 gramos establecido por Constantino, e o peso teórico das moedas axumitas tamén decreceu a 1,70 para as moedas de ouro.Munro-Hay, S, C. (1991). Páxina 161.

Deseños e lendas esquerda|miniatura|250x250px|Moedas do rei Endubis. Na da esquerda lese en grego BACIΛEYC AΧWMITW ("Emperador de Axum") e na da dereita ΕΝΔΥΒΙϹ ΒΑCΙΛΕΥϹ ("Rei Endubis"). Conservadas no Museo Británico. As lendas das moedas axumitas adoitaban estar escritas en grego, xa que unha gran parte do seu comercio se realizaba co chamado Oriente Grego. Posteriormente comezaron a ter máis presenza as inscricións en lingua ge'ez, a propia dos axumitas, o que probablemente veña indicar un declive no seu uso opara o comercio internacional —por exemplo, con Roma e a India—.