O Partido de los Trabajadores de España (PTE) foi un partido maoísta español fundado en 1979 tras unirse o Partido del Trabajo de España e a Organización Revolucionaria de los Trabajadores nun congreso de unificación. Nas eleccións municipais de 1979, os partidos que se coaligaron obtiveron un concelleiro en Madrid e dous en Zaragoza; porén non se conseguiu consolidar o proxecto e, en 1980, autodisólvese o PTE, integrándose parte dos seus dirixentes no PSOE.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial do PTE
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Partidos comunistas de España