Tupã ou Tupan (tamén chamado Tupave ou Tenondete) é o deus guaraní da creación,Specters of the West and the Politics of Translation por Naoki Sakai, Yukiko Hanawa así como a palabra para Deus nas linguas tupí e guaraní. Tupã é considerado como o deus creador do universo, da humanidade e dos espíritos do ben e do mal na mitoloxía guaraní, chamados angatupyry e tau respectivamente. Tupã é considerado máis especificamente como o creador da luz e a súa residencia é o Sol.COLMAN, Narciso R. (Rosicrán): Ñande Ypy Kuéra ("Nuestros antepasados"), 1929. Online version
Legado En decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional aprobou o nome Tupã para rebautizar a estrela HD108147, nun concurso organizado localmente polo Centro Paraguaio de Informacións Astronómicas no marco do proxecto IAU100 NameExoWorlds 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mitoloxía guaraní Bibliografía Lapenda, Geraldo (1953). Etimologia da Palavra "Tupã". Biblioteca Digital Curt Nimuendaju.
Categoría:Deuses creadores Categoría:Deidades guaranís