Johann Friedrich von Eschscholtz (en ruso, Иоганн Фридрих фон Эшшольц), nado o 1 de novembro de 1793 Dorpat, Gobernorato de Riga, Imperio Ruso (hoxe Tartu, Estonia), e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1831, foi un médico, anatomista, explorador, botánico, zoólogo e profesor de universidade ruso (da minoría étnica dos alemáns do Báltico).

Traxectoria Eschscholtz estudou Medicina na Universidade Imperial de Dorpat (hoxe Universidade de Tartu), e comezou a súa carreira principal alí: foi profesor extraordinario de Anatomía (1819), director de Zooloxía (1822) e profesor titular de Anatomía (1828).

Entre 1815 e 1818 foi o médico e naturalista na nave rusa expedicionaria Rurick, baixo as ordes de Otto von Kotzebue. Recolectou especies no Brasil, Chile, California, nas illas do Pacífico, e no estreito de Bering, Kamchatka e nas illas Aleutianas.

O outro naturalista a bordo era o botánico Adelbert von Chamisso, que coleccionou con Eschscholtz os espécimes de insectos durante a viaxe. Os dous eran amigos íntimos, e Chamisso denominou a papoula de California co nomee científico de Eschscholzia californica no seu honor. Os resultados da viaxe publicáronse na revista de Berlín Entomographien en 1822.

De 1823 a 1826 Eschscholtz fixo unha segunda viaxe, na nave Predpriaetie, de novo con Kotzebue como comandante. As coleccións máis grandes, principalmente de coleópteros, recolectáronse nos trópicos e en Alasca, Sitka e California.

Antes da súa temperá morte Eschscholtz visitou o especialista francés en coleópteros Pierre François Marie Auguste Dejean. Eschscholtz describiu coleópteros que el coleccionara usando a colección de Dejean para decidir que era novo. Os nomes binomiais que el lles deu, a as súas descricións, foron publicadas por Dejean despois da morte de Eschscholtz. Dejean atribuínos a Eschscholtz, pero as regras da nomenclatura binominal máis tarde o excluíron.

Eschscholtz foi un dos primeiros e máis importantes científicos na exploración do Pacífico, Alasca e California. Entre as súas publicacións destacan System der Akalephen (1829) e o Zoologischer Atlas (1829-1833).

En 1821, von Eschscholtz foi elixido membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.Friedrich von Eschscholtz na web da Leopoldina.

Eschscholtz foi o primeiro naturalista en describir o verme landra (Balanoglossus), que encontrou nas illas Marshall en 1825.

As súas coleccións de insectos están no Museo Zoolóxico de Moscova, e nos Museos de Dorpat (Tartu) e Helsinqui.

Honores Eponimia Kotzebue nomeu unha iila das Marshall como atol Eschscholtz (que se renomeou en 1946 como atol Bikini). Kotzebue tamén deu nome ne seu honor a unha pequena baía situada ao final do Kotzebue Sound (en Alasca), a baía Eschscholtz. O xénero Eschscholzia foi nomeado no seu honor.

Abreviaturas A abreviatura Eschsch. emprégase para indicar a Johann Friedrich von Eschscholtz como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.Eschscholtz, Johann Friedrich Gustav von (1793-1831) no IPNI. A abreviatura Eschscholtz emprégase para recoñecer a Johann Friedrich von Eschscholtz como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Essig, E. O. (1931) History of Entomology.

Pont, A. C. (1995). The dipterist C. R. W. Wiedemann (1770–1840). His life, work and collections. Steenstrupia 21: 125 - 154.

Categoría:Científicos de Rusia Categoría:Botánicos de Rusia Categoría:Médicos de Rusia Categoría:Zoólogos de Rusia Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Profesores da Universidade de Tartu Categoría:Nados en Estonia Categoría:Nados en 1793 Categoría:Finados en 1831