Wayuunaiki é un xornal de circulación mensual bilingüe de Venezuela e Colombia, publicado en español e wayuu. O xornal fai énfase nas novas de interese dos pobos indíxenas de Colombia e Venezuela. Relanzarase en Bogotá para estender o seu servizo informativo a outros pobos indíxenas, afrodescendentes, palenqueiros, raizais e migrantes do Departamento de Cundinamarca, en especial aos que habitan no Distrito. Aos seus 22 anos de servizo comunicacional alternativo, multiétnico e pluricultural, busca consolidarse como un medio internacional pola defensa e reivindicación dos pobos orixinarios.

Fundado no ano 2000, é distribuído en Venezuela e en Colombia. A súa fundadora foi Jayariyú Farías Montiel. No ano 2010 estivo nomeado ao Programa Internacional para o Desenvolvemento da Comunicación (PIDC) da UNESCO, obtendo o cuarto lugar. O 13 de abril de 2015 saíu a edición 191 que se titulou “Mil historias que contar”.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Xornais de Venezuela Categoría:Xornais de Colombia Categoría:Lingua wayuu