A Fundación San Rosendo é unha organización benéfica privada. Ten a súa orixe en Caritas Diocesana de Ourense, que desenvolveu iniciativas de apoio a colectivos desfavorecidos desde 1972. O sacerdote Benigno Moure tivo un papel destacado na organización destas propostas até que, en 1992, o Bispado de Ourense constitúe a fundación con fins xerais de interese galego para desenvolver funcións de asistencia social tomando o nome de San Rosendo en referencia ao bispo ourensán recoñecido tradicionalmente pola súa defensa da xustiza, o desenvolvemento e o benestar. A Fundación ten 71 centros asistenciais nos que hai centros e apartamentos tutelados para persoas maiores, centros para persoas con discapacidade, centros de rehabilitación e centros de augas mineromedicinais ofrecendo máis de 3.700 prazas.

Organigrama O padroado da Fundación é o órgano soberano que toma as decisións relativas ao funcionamento da institución e está formado por sete persoas: presidente, secretario, tesoureiro e 4 vocais. Conta tamén cun presidente honorario e fundador, Benigno Moure Cortés. A Fundación San Rosendo está formada por un equipo profesional de máis de 1.670 persoas en distintas áreas de traballo.

Tipos de centros miniatura|alt=Lateral do edificio de dous andares da Residencia Xeriátrica Os Gozos (O Pereiro de Aguiar)|Residencia Xeriátrica dos Gozos (O Pereiro de Aguiar) A fundación conta con centros de diversa natureza. Centros para persoas maiores 7 centros para persoas autónomas 13 apartamentos tutelados e vivenda comunitaria 3 centros mixtos (autónomos e asistidos) 36 centros para persoas asistidas Centros para persoas con discapacidade 12 residencias e centros especializados Outros centros Unidade Terapéutica do Alcol Centro de inclusión Santa Olalla

Catálogo de servizos Os centros da Fundación San Rosendo ofrecen un catálogo de servizos xeral. Sanitarios Valoración integral e plan de atención individualizado Atención sanitaria preventiva Atención sanitaria xeral Atención en grandes síndromes xeriátricos Servizos fisioterapéuticos e de rehabilitación Valoración e atención nutricional Asesoramento médico a usuarios e familias Servizo de enfermaría: tratamentos, curas, seguimento de enfermidades Control e xestión da medicación Servizos de atención psiquiátrica. Asistenciais Apoio para a hixiene persoal, aseo e vestido Apoio para o coidado da imaxe. Axuda para a orde dos cuartos Axuda para levantar e deitar ás persoas Axuda para traslados Axuda para o tratamento da inmobilidade Axuda na alimentación Axuda para o tratamento da incontinencia Axuda na administración da medicación Psicosociais Valoración integral e plan de atención individualizado Apoio no ingreso, no proceso de adaptación e en posíbeis problemas de convivencia Atención familiar, participación en actividades e no plan de atención individualizado Actividades de intervención social e comunitaria Programas de intervención en funcións cognitivas (psicoestimulación, adestramento de memoria e orientación) Programas de intervención en funcións psicoafectivas, para o estado de ánimo, depresión e trastornos de ansiedade Apoio persoal nas distintas áreas de forma individualizada e grupal Actividades de animación sociocultural Hostalaría Aloxamento Manutención Lavandaría Limpeza de espazos xerais e cuartos Custodia de propiedades persoais

Notas

Véxase ramén Outros artigos Caritas Ligazóns externas

Categoría:Organizacións católicas de España