Gonzalo Pizarro, nado en Trujillo en 1502 e finado en Cuzco o 10 de abril de 1548, foi un conquistador español.
Traxectoria O menor dos irmáns Pizarro, foi o lugartenente do seu irmán Francisco na conquista española do Imperio Inca, loitou contra Diego de Almagro, nomeado gobernador de Quito en 1539 dirixiu ao ano seguinte unha desastrosa expedición cara ao oeste na procura de El Dorado. Tras a morte do seu irmán Francisco opúxose ás Leis Novas, ditadas pola Coroa, grazas ás denuncias de Bartolomé de Las Casas, e ao primeiro vicerrei, Blasco Núñez Vela, púxose á fronte da rebelión dos encomendeiros, derrotado na batalla de Jaquijaguana foi decapitado.
Categoría:Exploradores Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Trujillo, Cáceres Categoría:Finados en 1548