Narciso Luaces Pardo, nado en 1929 en Meixido (Ortigueira) e finado no mesmo lugar o 19 de xullo de 2020, foi un labrego, xornalista e escritor galego.
Traxectoria. Labrego de profesión, con menos de vinte anos xa traballou nas Sociedades Agrarias.
De formación autodidacta foi colaborador do semanario La Voz de Ortigueira e doutras publicacións da comarca. Foi un dos fundadores das Edicións O Paporroibo e participou activamente noutras asociacións culturais. Desde 1999 mantivo aberto ao público o Museo Etnográfico de Meixido, que reúne centenares de pezas por el mesmo recollidas, restauradas e catalogadas.
Obra O Carreiro. Memorias do tío Santos (2002). Vigo: Galaxia. 176 páxs. ISBN 978-84-8288-356-4. Reeditado en 2022, 162 páxs, ISBN 978-84-9151-902-7. É a biografía dun carpinteiro de carros do país nas terras de Ortigueira.
Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos (2013). Noia: Toxosoutos. 113 páxs. ISBN 978-84-15400-96-7. Catálogo do Museo Etnográfico de Meixido (2021). Deputación da Coruña. 132 páxs. ISBN 978-84-9812-388-3. Fotografía de Enma Sandá Méndez.
Notas
Categoría:Nados en Ortigueira
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2020