The Most Hated Man on the Internet é unha serie documental estadounidense de 2022 creada por Netflix. Conta a historia de Hunter Moore e a súa páxina web Is Anyone Up?, un sitio pornográfico baseado en fotos roubadas e pirateadas. A serie céntrase na historia de loita de Charlotte Laws mentres intenta eliminar as fotos espidas da súa filla no sitio web.
Acollida The Most Hated Man on the Internet recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Na páxina web de recensión Rotten Tomatoes, a serie ten un índice de aprobación do 86%, baseado en 14 comentarios, cunha valoración media de 6,1/10. O consenso do sitio web di: "Centrándose nun malvado da vida real verdadeiramente repelente, o mergullo de The Most Hated Man on the Internet por algúns dos máis sórdidos recunchos da web é rescatado por unha satisfactoria xustiza ben servida".
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América