Richard Sternfeld, nado o 8 de febreiro de 1884 en Bielefeld e finado en 1943 en Auschwitz, foi un herpetólogo xudeu-alemán.

É coñecido porque describiu máis de corenta especies de anfibios e réptiles, especialmente das colonias de África e do Pacífico do Imperio alemán (nas actuais Tanzania, o Camerún, Togo, Namibia e Papúa-Nova Guinea).

Traxectoria Formación académica Sternfeld era fillo dun comerciante de Bielefeld, na actual Renania do Norte-Westfalia. Estudou o bacharelato nun Gymnasium (Instituto) da súa cidade natal.

En 1903 entrou na Universidade Albert Ludwig de Friburgo para estudar Medicina, pero cambiou para estudar Ciencias Naturais na Universidade de Bonn. En 1907 volveu a Friburgo, para obter o Doutoramento, cunha tese sobre a bioloxía dos efemerópteros, baixo a guía do biólogo evolucionista August Weismann.Dr. Richard Sternfeld. Biolgrafía .

Empregado de Museos e primeira guerra mundial O primeiro emprego de Sternfeld foi co herpetólogo Gustav Tornier no Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. Alí traballou sobre a herpetofauna das colonias alemás de África e do Pacífico, producindo 26 artigos en 6 anos e medio.

En 1913 Sternfeld, que estaba casado con Else Blum, trasladouse ao Museo Senckenberg de Frankfurt como asistente zoolóxico, onde dirixiu o departamento de herpetoloxía, para substituír o herpetólogo Philipp Lehrs, e ampliou a súa área xeográfica de interese para incluír a África Central, o Xapón, Australia, as illas do Pacífico e América do Sur.

Durante a primeira guerra mundial foi chamado ao servizo, servindo ao seu país en Macedonia.Adler, Kraig, ed. (2007): Contributions to the History of Herpetology Volume 2. Lawrence, Kansas, USA: Society for the Study of Amphibians and Reptiles. ISBN 978-0-9169-8471-7. Despois da guerra, Sternfeld enfrontouse co director do Instituto Entomolóxico Alemán Senckenberg e foi despedido a finais de 1920 despois de que tentase sindicalizar ao persoal do Museo. O seu substituto foi Robert Mertens, posibelmente o maior herpetólogo alemán do século XX.

Empregos posteriores ao Museo, derradeiros anos e morte Sternfeld non puido realizar investigacións despois da súa saída do Museo Senckenberg. A partir de 1923 traballou como reporteiro de carreiras de cabalos para o xornal alemán Sportwelt. Converteuse nun experto líder na cría das puras razas de cabalos en Alemaña. En marzo de 1937, Sternfeld perdeu este traballo por mor da súa ascendencia xudía.

Sternfeld viviu coa súa segunda esposa Lotte en Berlín até 1939. Lotte Sternfeld, de solteira Brühl, fora mestra e traballara na escola primaria privada da comunidade xudía até que todas as escolas xudías de Alemaña pecharon o 30 de xuño de 1942. Nese ano tivo que mudarse coa súa muller e a súa irmá Anna Brühl a unha chamada Judenhaus de Berlín. Sternfeld, a súa muller e a súa irmá solicitaran un visado para a India en 1940. Con todo, non puideron saír. Desde marzo de 1941, Richard Sternfeld foi obrigado a realizar traballos forzados en Berlín. O 27 de febreiro de 1943 foi detido durante a chamada Acción da Fábrica e deportado a Auschwitz o 1 de marzo de 1943, onde foi asasinado máis tarde ese ano.

Contribucións á herpetoloxía Entre os anos 1908 e 1925, Sternfeld describiu 42 especies de serpes e lagartos e cinco especies de ras que aínda se recoñecen na actualidade, aínda que só sete dos réptiles conservan os seus nomes orixinais. A lista de especies senaladas a continuación comeza co nome actualmente aceptado, seguido do nome orixinal de Sternfeld (algúns foron clasificados como subxéneros). As subespecies indícanse mediante nomes trinomiais, e unha variedade indícase por "var ".

1908 Dipsadoboa brevirostris como Dipsadomorphus brevirostris Lamprophis erlangeri como Boodon erlangeri Micrelaps bicoloratus Leptotyphlops labialis como Glauconia labialis Leptotyphlops latifrons como Glauconia latifrons Typhlops zenkeri

1910 Letheobia gracilis como Typhlops gracilis Typhlops platyrhynchus como Typhlops platyrhynchus Scelotes schebeni

1911 Lygodactylus grotei Pedioplanis breviceps como Eremias breviceps Trachylepis boulengeri como Mabuya diesneri boulengeri

1912 Cnemaspis quattuorseriata como Gonatodes quattuorseriatus Cynisca schaeferi como Chirindia schaeferi Dasypeltis atra como Dasypeltis scabra var. atra Geocalamus acutus Kinyongia adolfifriderici como Chamaeleon adolfi-friderici Leptosiaphos graueri como Lygosoma graueri quinquedigitata Leptotyphlops latirostris como Glauconia latirostris Letheobia graueri como Typhlops graueri Lygodactylus scheffleri Trioceros schubotzi como Chamaeleon schubotzi

1913 Typhlops depressiceps como Typhlops depressiceps Toxicocalamus buergersi como Ultrocalamus bürgersi Toxicocalamus preussi como Ultrocalamus preussi

1917 Kassina maculosa como Megalixalus maculosus Ptychadena tellinii como Rana schubotzi

1918 Cryptoblepharus africanus como Ablepharus boutonii africanus Cryptoblepharus aldabrae como Ablepharus boutonii aldabrae Cryptoblepharus australis como Ablepharus boutonii australis Cryptoblepharus caudatus como Ablepharus boutonii caudatus Cryptoblepharus pulcher como Ablepharus boutonii pulcher Cryptoblepharus voeltzkowi como Ablepharus boutonii voeltzkowi Emoia boettgeri como Lygosoma (Emoia) boettgeri

1919 Ctenotus leonardii como Lygosoma (Hinulia) leonhardii Ctenotus quattuordecimlineatus como Lygosoma (Hinulia) quattuordecimlineatum Eremiascincus intermedius como Lygosoma (Hinulia) fasciolatus intermedium Lerista desertorum como Lygosoma (Rhodona) planiventale desertorum Egernia striata Pogona minor como Amphibolurus barbatus minor Simoselaps anomalus como Rhynchelaps anomalus Tiliqua multifasciata' como Tiliqua occipitalis multifasciata1920 Batrachylodes vertebralis como Chaperina friedicii Batrachylodes wolfi como Sphenophryne wolfi Bothrops medusa como Lachesis medusa Palmatorappia solomonis como Hylella solomonis1925 Tympanocryptis centralisEn 1912 Sternfeld describiu un novo xénero de lagartos da familia dos lacértidos, Adolfus, endémico da África subsahariana.Adolphus en "The Reptile Database".Greenbaum, Eli; Villanueva, Cesar O.; Kusamba, Chifundera; Aristote, Mwenebatu M. & Branch, William R. (2011): "A molecular phylogeny of Equatorial African Lacertidae, with the description of a new genus and species from eastern Democratic Republic of the Congo". Zoological Journal of the Linnean Society 163 (3): 913–942.

Algunhas publicacións En 1912 Sternfeld publicou a súa obra máis coñecida, un libro sobre a herpetofauna centroeuropea titulado Die Reptilien und Amphibien mitteleuropas.Richard Sternfeld en Open Library.

Sternfeld escribiu aproximadamente 35 artigos herpetolóxicos, algúns bastante extensos, durante a súa carreira no Museo e inmediatamente despois, incluíndo: "Die Schlangenfauna Togos", 1908 - Serpes orixinarias de Togolandia. "Die Schlangen Deutsch-Ostafrikas", 1910 - Serpes orixinarias da África oriental alemá (que compendía os actuais estados de Burundi, Ruanda, e Tanganica, a parte continental de Tanzania) "Zur Herpetologie Südostafrikas", 1911 - Herpetoloxía do sueste de África. "Zur Tiergeographie Papuasiens und der pazifischen Inselwelt", 1920 - Zooxeografía que inclúe Papúa-Nova Guinea e as illas do Pacífico. "Beiträge zur Herpetologie Inner-Australiens", 1925 – Contribución á herpetoloxía do interior de Australia.Richard Sternfeld en www.google.com.

Honores Epónimos Só dúas especies descritas en homenaxe a Richard Sternfeld son recoñecidas hoxe: Phrynobatrachus sternfeldi Trioceros sternfeldi'' .Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Sternfeld", p. 253).

Abreviatura A abreviatura Sternfeld emprégase para recoñecer a Richard Sternfeld como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Herpetólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Bonn Categoría:Nados en Bielefeld Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Finados en campos de concentración nazis