1 franco Jacques Rueff "1 franc Jacques Rueff Nickel". fr.numista.com"1 Franc (100th Birth anniversary of economist Jacques Rueff)". Colnect.comLauber W. (2013) . Páxinas 114, 122 (foto nas páxinas 114-115).134x134px135x135pxA/: Retrato en tres cuartos de Jacques Rueff. Á súa esquerda a "Sementadora". Monograma do gravador (PRodier). Lendas: RÉPUBLIQUE FRAÇAISE / 1896 JACQUES RUEFF 1978R/: Alegoría feminina da liberdade, entre follas de loureiro e de carballo e o valor facial (1 F). No exergo data e marcas de ceca (cornucopia e abella). Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ Período: 5ª República Francesa. Data: 1996. Ceca: Monnaie de Paris. Deseñador: Pierre Rodier. Tiraxe total: 2.980.363 exemplares. Metal: níquel. Diámetro: 24,00 mm. Peso: 6, 00 g. Espesor: 1,70 mm. Canto: estriado.

O franco Jacques Rueff é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1996 en conmemoración do centenario do nacemento do economista francés Jacques Rueff (1896-1978), inspirador do "Plan do 58", de recuperación da economía francesa.

Caracterización O deseño e o gravado da moeda débeselle ao artista Pierre Rodier (nado en 1939), naquel momento gravador xeral de moedas de Francia (1994-2001). Rodier escolleu como motivo principal do anverso un retrato de Jacques Rueff xunto cunha representación da silueta da "Sementadora", característica das moedas dun "franco novo" (1960-2001), cuxa creación foi impulsada por Jacques Rueff.

Da produción do franco conmemorativo do centenario do nacemento de Jacques Rueff encargouse a Monnaie de Paris. miniatura|Jacques Rueff en 1938. Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no anverso, ao pé da representación da "Sementadora"."1 Franc (100th Birth anniversary of economist Jacques Rueff - Essai)". Colnect.com

Tiraxes Ano de emisiónTipoExemplares cuñados1996Proof - Essai1.850Estándar2.978.513

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094 Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc ". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés

Categoría:Moedas dun franco francés Categoría:Moedas conmemorativas