O Associazione Calcistica Perugia Calcio, coñecido simplemente como Perugia, é un club de fútbol italiano con sede en Perugia, que compite na Serie B.

Fundado en 1905 como Associazione Calcistica Perugia, o club disolveuse en 2005 e foi refundado o mesmo ano como Perugia Calcio, antes de disolverse de novo en 2010 e de pasar por unha nova co nome actual. Militou 13 tempadas na Serie A, obtendo como mellor resultado o subcampionato da campaña 1978/79, na que rematou invicto. Ademais de varios títulos de categorías inferiores, o equipo gañou a Copa Intertoto de 2003 e disputou dúas edicións da Copa da UEFA.

O club xoga os seus partidos como local no estadio Renato Curi, con capacidade para 28.000 espectadores. Na tempada 1979/80 converteuse no primeiro equipo de fútbol italiano en amosar un patrocinador na camiseta.

Historia O AC Perugia fundouse o 9 de xuño de 1905, coa fusión do EUA Fortebraccio e o Libertas. O ascenso á Serie B en 1966 marcou o inicio dun dos períodos de máis éxito do club. O Perugia pasou os seguintes oito anos na Serie B antes de ascender á Serie A por primeira vez en 1975. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Associazione_Calcio_Perugia_1933-34.jpg/320px-Associazione_Calcio_Perugia_1933-34.jpg|miniatura| O Perugia na tempada 1933/34. Na primeira tempada do club da Serie A, o Perugia rematou oitavo con 31 puntos, quedando preto dos postos europeos. O equipo contaba con destacados xogadores como o defensa Pierluigi Frosio e os centrocampistas Renato Curi e Franco Vannini. O Perugia mantívose na metade superior da táboa durante o resto da década, quedando subcampión en 1979, despois de obter 11 vitorias e 19 empates. Foi a única vez que un equipo invicto non conseguiu o título. Con todo, a traxedia e os escándalos escureceron este período. En 1977, Curi morreu dun ataque cardíaco durante un partido de liga contra a Juventus, mentres que a carreira de Vannini rematou por lesión en 1979. En 1980, o escándalo de corrupción relacionado coas apostas clandestinas coñecido como Totonero, provocou unha sanción de 5 puntos e o descenso en 1981. Ilario Castagner era o adestrador neste período.

O club pasou a primeira metade da década de 1980 intentando volver á Serie A, quedando preto de logralo na campaña 1984/85. Outro escándalo de corrupción en 1986 obrigou ao Perugia a baixar á Serie C2. Durante esta época debutou co club Fabrizio Ravanelli, un dos mellores xogadores que pasaron polo equipo.

Despois de que o polémico e excéntrico Luciano Gaucci se fixese co control do club, este volveu á Serie B en 1994 e baixo a dirección de Giovanni Galeone chegou á Serie A en 1996. Aínda que acabou descendendo na seguinte tempada, regresou á máxima categoría en 1998. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/1974%E2%80%9375_Associazione_Calcio_Perugia.jpg/320px-1974%E2%80%9375_Associazione_Calcio_Perugia.jpg|miniatura| O Perugia na tempada 1974/75. Nas seguintes seis tempadas, con xogadores como o internacional xaponés Hidetoshi Nakata, o Perugia mantívose na Serie A.

No verán de 2003 fichou ao dianteiro inglés Jay Bothroyd e a Al-Saadi Qadafi (fillo do ditador libio Muamar al-Qadafi). Pouco despois, o club foi un dos tres gañadores da Copa Intertoto de 2003 tras vencer ao VfL Wolfsburg alemán por un resultado global de 3-0. Isto clasificou o equipo para a Copa da UEFA 2003–04, na que foi eliminado en terceira rolda polo PSV Eindhoven.

O club foi á quebra en 2005 e foi refundado como Perugia Calcio, antes de quebrar de novo en 2010. No verán de 2010 xurdiu un novo club coa mesma denominación e herdeiro da antiga historia do Perugia, iniciando a súa andaina na Serie D.

O 10 de abril de 2011, o Perugia logrou o ascenso á Lega Pro Seconda Divisione, tras a vitoria na casa por 3-2 ante o Castel Rigone. Ese mesmo ano, o club gañou tamén a Coppa Italia Serie D, vencendo ao Turris por 1-0 na final.

No verán de 2011 o club pasou a chamarse Associazione Calcistica Perugia Calcio e na tempada 2011/12 conseguiu o ascenso á Lega Pro Prima Divisione. O 4 de maio de 2014, vencendo ao Frosinone por 1–0, o Perugia gañou o campionato da Lega Pro Prima Divisione e logrou o ascenso á Serie B tras 9 anos de ausencia.

Palmarés

Serie B (1): 1974/75. Serie C1 (6): 1932/33, 1945/46, 1966/67, 1993/94, 2013/14, 2020/21. Serie C2 (2): 1987/88, 2011/12. Serie D (1): 2010/11. Supercopa de Serie C (1): 2014. Supercopa de Serie C2 (1): 2012. Copa Italia Serie D (1): 2010/11. Copa Intertoto (1): 2003.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial .

Categoría:Equipos de fútbol de Italia Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1905