Kinda é un concello sueco (kommun) do condado de Östergötland. A súa capital é Kisa. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 957 habitantes.
O concello está formado principalmente por unha paisaxe de val de fractura con grandes elementos de montañas. A zona está dominada por morenas boscosas. A agricultura e a silvicultura, así como as pequenas e medianas industrias e as empresas de servizos dominaban a vida empresarial local a principios da década de 2020.
Dende que se formou o municipio en 1974 o número de habitantes mantívose estable entre 9 762 e 10 635 persoas. Dende as eleccións da década de 2010, o concello foi gobernado por varias coalicións de distintos partidos.
Historia administrativa A área do concello correspóndese ao das parroquias de Horn, Hycklinge, Hägerstad, Kisa, Kättilstad, Oppeby, Tidersrum, Tjärstad e Västra Eneby. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome.
O 15 de abril de 1904 estableceuse a localidade municipal de Kisa no concello rural do mesmo nome.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse na zona tres grandes concellos: Norra Kinda (a partir dos anteriorres concellos rurais de Hägerstad, Kättilstad, Oppeby e Tjärstad), Södra Kinda (a partis de Horn e Hycklinge) e Västra Kinda (de Kisa, Tidersrum e Västra Eneby). Ao mesmo tempo disolveuse a localidade municipal de Kisa .
Coa reforma municipal de 1971 formáronse, a través da reordenación dos anteriores concellos rurais, os municipios de Södra Kinda, Norra Kinda e Västra Kinda, que en 1974 fusionáronse no presente concello de Kinda.
Xeografía O concello atópase no sur da provincia histórica de Östergötland. Limita ao oeste cos municipios de Ydre e Boxholm, ao norte co de Linköping, ao nordés co de Åtvidaberg, ao leste co de Västervik, e ao sur co concello de Vimmerby.
Economía e infraestruturas
Economía local A principios da década de 2020 a agricultura e a silvicultura, así como industria pequena e mediana e empresas de servizos, dominaban a economái local. Entre as industrias destaca a fábrica de papel de Sofidel Sweden AB, anteriormente Swedish Tissue, e a compañía de electricidade, electrónica e mecánica Rimaster Electrosystem AB. Porén, o maior empregador é o propio concello con 833 traballadores en 2023.
Infraestruturas A estrada nacional 34 (riksväg 34) atravesa o concello de sur a norte e pasa pola capital do mesmo. A estrada comarcal 134 (länsväg 134) tamén atravesa o municipio, dende suroeste ata o nordés. A länsväg 135 vai pola parte sueste do concello. A liña 84 do tren rexional Krösatågen entre Linköping e Kalmar atravesa Kinda e para nas estacións de Rimforsa e Kisa.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Östergötland