Aleixandre Lago Barcala, nado na Coruña o 9 de setembro de 1992, é un escritor galego.

Traxectoria Fillo do dramaturgo Xulio Lago e da actriz María Barcala. Viviu en Sésamo ata 2010. Marchou a Barcelona, onde fixo o Grao de Filosofía (2010-2014) e despois o mestrado (2016-17) co traballo Mímesis y conocimiento en Aristóteles. Fundador de Occasus Ventus, revista literaria do Colexio Maior Ramón Llull, e do Seminario de Estudantes de Estética da Universidade de Barcelona. Fixo estudos de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como técnico e administrativo na compañía Teatro do Atlántico. Colaborou na revista dixital Parafernalia.

Obras Cartafol de miraxes, 2018.

Traducións Dúas donas que bailan de Josep Maria Benet i Jornet.

Premios XV Premio de poesía Díaz Jácome (2014). XLIV Certame Literario de Vilalba (2018), por Cartafol de miraxes.Aleixandre Lago gaña o Certame Literario do Concello de Vilalba Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galegos

Ficha en Alvarellos Editora

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes