Kungsör é un concello sueco (kommun) do condado de Västmanland. A súa capital é a poboación de Kungsör. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 8 694 habitantes.
No concello de Kungsör o sector público é un importante empregador, xa que case a metade da poboación activa traballa nese sector. A industria manufactureira é a que domina a actividade económica do municipio.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Björskog, Kung Karl, Kungs-Barkarö e Torpa, todas elas no härad de Åakerbo. Nesa parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
A localidade munucipla de Kungsör estableceuse o 7 de abril de 1904 e disolveuse en 1907 cando se creou o köping de Kungsör a través dunha escisión do concello rural de Kung Karl.
Coa reforma municipal de 1952 todos os concellos rurais pasaron a formar parte do concello de Kung Karl.
O actual concello de Kungsör naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Kungsör e do concello rural de Kung Karl.
Xeografía O concello de Kungsör atópase no sur do condado de Västmanland. Limita ao oeste co concello de Arboga e ao norte co de Köping, os dous en Västmanland, e ao sueste foi fronteira co municipio de Eskilstuna, no condado de Södermanland.
Topografía e hidrografía En dirección leste-oeste ao sur do río Arbogaån unha importante falla rochosa atravesa o municipio. Ao norte da mesma esténdese unha ampla chaira arxilosa cultivada que vai ata a parte interior do lago Mälar. Nas chairas hai zonas de campos cubertos de bosque caducifolio, onde está a paisaxe especial de bosques caducifolios e prados de carballos de Kungs-Barkarö, que é exclusiva da zona.
No sur, spor riba da ladeira da falla, esténdese unha zona suavemente ondulada con bosque de coníferas e cuberta de morenas. A ben definida crista de seixos Köpingsåsen esténdese en dirección norte-sur a través da zona urbana de Kungsör e ao longo da beira occidental do lago Mälar.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västmanland