A selección de fútbol sub-23 de Italia foi o equipo de fútbol representativo de Italia na categoría de idade igual ou menor aos 23 anos. Xestionada pola Federación Italiana de Fútbol, deixou de usar dita denominación tras a supresión, en 1977, do Campionato de Europa sub-23. A súa herdeira é a selección olímpica, que por normativa internacional ten os mesmos criterios de idade que a antiga sub-23.
O mellor resultado do equipo nas competicións da UEFA foron os cuartos de final do Campionato de Europa sub-23 de 1974. En 1997, vinte anos despois da súa desaparición, volveuse formar brevemente unha selección sub-23 para participar nos Xogos Mediterráneos dese ano, onde o conxunto italiano logrou a medalla de ouro tras golear por 5-1 a Turquía na final.
Historia
O equipo xuvenil A precursora da selección italiana sub-23 foi a selección xuvenil, que debutou o 6 de abril de 1942, en Turín, ante Hungría. En este partido as dúas nacións participaron con xogadores nacidos antes de 1920, polo que de facto eran seleccións sub-23. Despois da segunda guerra mundial o equipo xuvenil disputou partidos con regularidade polo menos ata 1960, sempre con xogadores menores de 23 anos.
O nacemento oficial A selección sub-23 italiana constituíuse oficialmente en 1967, por resolución do Consello Federal da FIGC, que estableceu que, a partir da tempada 1967/68, a nova selección substituiría á Nacional B. A nova selección fixo o seu debut o 20 de decembro de 1967, nun partido amigable disputado no City Ground de Nottingham contra Inglaterra sub-23, que finalmente gañaron os ingleses por 1-0. O primeiro seleccionador foi Romolo Alzani.ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/1976-01-14_Italy_U23_v_Netherlands_U23.jpg/220px-1976-01-14_Italy_U23_v_Netherlands_U23.jpg|miniatura| A selección italiana sub-23 en Roma no partido de clasificación para o Campionato de Europa de 1976 contra os Países Baixos. A Copa Latina Despois doutro partido amigable disputado contra a selección inglesa (1-1 o 25 de maio de 1968 no estadio Giuseppe Grezar de Trieste), o equipo, agora dirixido polo adestrador da selección A, Ferruccio Valcareggi, xogou a Copa Latina sub-23, entre 1969 e 1970. A primeira vitoria da selección sub-23, con todo, tivo lugar nun partido amigable, contra a selección sub-23 de Irlanda do Norte, o 26 de marzo de 1969, en Brescia. O Europeo Sub-23 Co establecemento do Campionato de Europa sub-23 da UEFA, a selección italiana sub-23 participou neste evento, con resultados variados. Na edición de 1972, de novo dirixida por Ferruccio Valcareggi, foi incluída no grupo 6 con Suecia e Austria. Quedou no segundo lugar do grupo, por detrás dos escandinavos, polo que quedou eliminada.
Na edición de 1974, con Enzo Bearzot como técnico, a selección italiana acadou os cuartos de final, sendo eliminada por Alemaña Oriental. No Europeo de 1976 non conseguiu pasar da primeira fase.
En outubro de 1975, o conxunto sub-23 disputou un encontro en Londres contra o Chelsea, correspondente á Prince Philip Cup, trofeo en homenaxe ao Príncipe Felipe de Edimburgo. O partido rematou 0-0 e a copa foi entregada durante seis meses aos equipo italiano.
A partir da tempada 1976/77, coa supresión do Europeo sub-23, a selección italiana sub-23 pasou a chamarse "experimental". En febreiro de 1976 reapareceu a selección B, dez anos despois do seu último partido, nun encontro en Essen contra Alemaña Occidental B e con Azeglio Vicini como adestrador. A denominación da selección, con todo, non foi unívoca, e a prensa aínda a definiu como sub-23, a pesar da presenza no equipo de xogadores veteranos, como Giacinto Facchetti.
As últimas aparicións Tralo renacemento da selección B, a selección sub-23 cesou efectivamente a súa existencia. Desde o torneo olímpico de 1992, o regulamento establece que os equipos das seleccións nacionais deben estar compostos por xogadores sub-23. Porén, a FIGC sempre contabilizou os partidos disputados pola selección italiana nos Xogos Olímpicos, así como os de clasificación e de preparación para os Xogos, como partidos da selección olímpica, e non como partidos sub-23.
Para os Xogos Mediterráneos de 1993 os organizadores decidiron abrir o torneo ás seleccións sub-23, pero a FIGC tamén considera estes partidos como disputados pola selección olímpica.
Só para os Xogos Mediterráneos de 1997, disputados en Puglia, se restableceu a definición de selección sub-23, con Marco Tardelli como seleccionador. Italia, tras vencer a Albania por 4-0 e empatar 0-0 con Iugoslavia, na fase de clasificación, eliminou a España en semifinais, cun resultado de 2-0, e venceu a Turquía na final por 5-1, gañando o ouro. Foi a última aparición oficial da selección italiana sub-23, que non volveu ser constituída dende entón.
Palmarés
Medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos (1): 1997.
Seleccionadores
Enzo Bearzot (1969-1975) Azeglio Vicini (1975-1976) Cesare Maldini (1993) Marco Tardelli (1997)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Sitio oficial da Federación Italiana de Fútbol .
Categoría:Selección de fútbol de Italia Italia Categoría:Fútbol base en Italia