Martín de la Puente Riobó, nado en Vigo o 22 de xuño de 1999, é un tenista paralímpico galego. Conta no seu palmarés con dous torneos do Grand Slam, ambos na categoría de dobres masculino en cadeira de rodas (US Open 2022 e Wimbledon 2025). No ámbito nacional foi 6 veces Campión de España e número 1 da clasificación nacional. Participou nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro de 2016 e Toquio de 2020. Pertence ao Real Club Náutico de Vigo.Martín de la Puente na páxina web da Real Federación Española de Tenis .
Traxectoria miniatura|250px|A cidade de Vigo ós seus atletas. Aos dous anos de idade foi diagnosticado con síndrome de Proteus no Hospital de la Paz, en Madrid. Con 14 anos acumulou un total de 16 operacións, incluíndo a amputación do pé esquerdo.
Con apenas 14 anos conseguiu o seu primeiro Campionato de España, e nas seguintes temporadas conseguiu tres veces consecutivas o Campionato do Mundo sub18. No ano 2016 acudiu aos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro, sendo o deportista máis mozo da súa modalidade, con tan só 17 anos e acadando un Diploma Paralímpico. Tamén participou nos Xogos de Toquio de 2020.
En 2022 situouse como número 1 da clasificación mundial de tenis en cadeira de rodas, na categoría de dobres, tras conseguir o seu primeiro Gran Slam, o Open dos Estados Unidos e a Copa de Mestres en categoría de dobres.
Graduouse no ano 2023 en Administración e Dirección de Empresas.
Palmarés N.º10 na clasificación mundial en 2021 Diploma Olímpico nos Xogos de Río de Xaneiro 2016 e Toquio 2020 Campión de 5 torneos internacionais ITF en 2019 e 2021 Campión de España Absoluto en 2014, 2016, 2017 e 2019 Campión do Mundo Júnior en 2015, 2016 e 2017.Martín de la Puente na páxina web do seu patrocinador, Toyota .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Síndrome de Proteus Tenis en cadeira de rodas Ligazóns externas
Categoría:Nados en Vigo
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Paralímpicos de Galicia Categoría:Tenistas de Galicia Categoría:Vigueses distinguidos