María Luaces Méndez, nada en Ferrol en 1975, é unha cardióloga galega residente en Madrid.

Traxectoria Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (Premio extraordinario), doutorouse na Universidade Complutense de Madrid, especializouse en cardioloxía na Universidade de Pensilvania no campo de imaxe cardíaca avanzada: TAC cardíaco e Resonancia Magnética Cardíaca. Factores determinantes e implicaciones pronósticas del tamaño de la vegetación en el primer ecocardiograma transesofágico en la endocarditis infecciosa é a súa tese de doutoramento (2010, Madrid, ISBN 978-84-693-1125-7).

Foi profesora asociada de Patoloxía Xeral nos Graos de Medicina, Enfermería e Fisioterapia na Universidade Rei Xoán Carlos e desde 2016 na Universidade Complutense de Madrid. Integrada no Grupo de investigación: Mecanismos moleculares e celulares das alteracións metabólicas asociadas á obesidade.

Foi cardióloga no Complexo Hospitalario de Pontevedra, no Hospital Universitario de Fuenlabrada e desde 2012 está no Hospital Clínico Universitario San Carlos de Madrid. Co-Directora da Unidade de Innovación do Hospital San Carlos na que promove e acompaña nas accións innovadoras a nivel nacional e internacional con diferentes proxectos de transformación dixital. Colabora activamente co Massachusetts Institute of Technology (MIT) no desenvolvemento de novas aplicacións de biotecnoloxía.

É autora de múltiples publicacións sobre cardioloxía en revistas especializadas.

Véxase tamén

Ligazóns exteriores

ODIN: Open-Digital-Industrial and Networking, vídeo de You Tube, 2018 Unidad de Innovación Catalyst Europe Gravitate Health

Notas

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ferrol