Luis José Díaz Salas, nado en 1967, é un deseñador de moedas español, coñecido pola súa imaxes dos reis Xoán Carlos I e Filipe VI nos anversos das moedas de un e de dous euros de España.

Traxectoria Luis José Díaz Salas leva traballando desde 1986 como deseñador e gravador de moedas na Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), de Madrid,"Luis Jose Díaz Salas (1967-)". Nat.museum-digital.de igual que a súa esposa, Begoña Castellanos."Luis José Díaz Sala". Conoce tu moneda. Díaz Salas é autor de máis dun cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro.Martínez Gallego, J. M. (2014). "Luis José Díaz Salas: 'Gustó más la imagen del rey Felipe VI con uniforme militar que con traje de civil' ". En Numismático Digital. 3 de decembro.

En 1987 creou o seu primeiro deseño para a FNMT, o reverso da moeda de 500 pesetas,"500 Pesetas - Juan Carlos I (1987-1990)". Numista.com que en 1993 incorporou a novidade técnica coñecida como "imaxe latente", para dificultar a falsificación."500 Pesetas - Juan Carlos I (1993-2001)". Numista.com Durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas, así como un bo número de moedas conmemorativas.Moedas deseñadas por Luis José Díaz Salas. Numista.com

Coa chegada do euro, o seu deseño co busto do rei Xoán Carlos I foi o escollido para os anversos da serie de moedas bimetálicas de un e de dous euros, que comezaron a cuñarse en 1999. De igual xeito, a el débeselle tamén o busto de Filipe VI emitidas a partir de 2015. Ademais, foi o creador de varias moedas conmemorativas en euros cuñadas pola RCM-FNMT destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento, entre elas a de 30 euros emitida con motivo da entronización de Filipe VI, a primeira conmemorativa a nome do novo monarca."30 Euro - Felipe VI Accession". Numista.com

En 2003 e 2004 ocupouse tamén do deseño dos reversos de dúas moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española."Monedas de la República Oriental del Uruguay". Monedasuruguay.com

Escolma de traballos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Deseñadores de moeda de España Categoría:Personalidades sen imaxes