Mira Kuisma nada o 6 de maio de 1987 en Kuopio (Finlandia) é unha xogadora de hóckey sobre xeo retirada, actualmente adestradora da selección feminina sub-18 de Finlandia, así como do equipo Team Kuortane da Naisten Liiga. Durante a súa carreira como porteira defendeu a camisola de KalPa e Kärpät, ademais foi seleccionada pola selección finlandesa absoluta, coa que gañou un bronce olímpico (2010) e outro mundial (2009).

Traxectoria Kuisma comezou a xogar en KalPa, o equipo da súa cidade natal, xogando as tempadas 2002-03 e 2003-04 na I-divisioona antes de fichar por Kärpät en 2004. Co equipo de Oulu gañou varias medallas no campionato finlandés antes de deixar a súa carreira como xogadora na primavera de 2011.

Na tempada 2012-13 exerceu como adestradora asistente de Kärpät, así como do equipo sub-18 de Austria no campionato do mundo de División 1A. Na tempada 2013-14 foi elixida como adestradora xefa de Kärpät. En marzo de 2019, logo de catro tempadas á cabeza do banco de Kärpät, Kuisma asinou como adestradora xefa de Team Kuortane, tamén da máxima categoría do hóckey feminino finlandés.

Selección finlandesa Kuisma foi membro do equipo nacional dende 2006, aínda que non chegou xogar en ningún torneo importante. No Campionato do Mundo de 2009 foi a terceira porteira do equipo que conquistou o bronce. Tamén gañou o bronce no torneo olímpico feminino de 2010 en Vancouver, aínda que non chegou xogar.

En agosto de 2018 Kuisma foi nomeada seleccionadora da selección feminina sub-18 de Finlandia, substituíndo a Jari Risku, que se mudou a Hungría.

Notas

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Kuopio Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras de KalPa Naiset Categoría:Xogadoras das Kärpät Naiset Categoría:Adestradoras e adestradores das Kärpät Naiset Categoría:Adestradoras e adestradores do Team Kuortane Categoría:Gañadoras e gañadores do Trofeo Hannu Saintula