O pato ferrón (Plectropterus gambensis) é unha especie de ave anseriforme da familia dos anátidos, a única da subfamilia dos plectropterinos.Phillips, John C. (1922): A natural history of the ducks, p. 49.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Anas gambiensis.Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 22 de outubro de 2022.Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) na BioLib. Consultada o 22 de outubro de 2022.
Sinónimo Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Anas gambiensis Linnaeus, 1766 (protónimo)
Subespecies Recoñécense dúas subespecies: Plectropterus gambensis gambensis (Linnaeus, 1766) Plectropterus gambensis niger Sclater, 1877
Características miniatura|140px|esquerda|En voo É un ganso grande, propio de África, que pesa entre os 4 e os 6 kg.
Relacionado cos membros da subfamilia dos tadorninos (e moitas clasificacións considárano dentro dela),Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes pero presenta varios trazos anatómicos que para algúns son suficientes para encadralo nunha subfamilia propia.
Unha característica destacábel é a presenza de dous esporóns aguzados e rectos no bordo anterior das ás cos que pode golpear e defenderse.
Distribución Ocupa a interfase de ecosistemas terrestres e acuáticos da África subsahariana.BirdLife International (2016): Plectropterus gambensis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 22 de outubro de 2022.
Ameazas A especie está ameazada pola caza incontrolada (o descenso da súa poboación en Botswana atribuíuse á caza fóra das áreas protexidas).Hockey, P. A. R., Dean, W. R. J. & Ryan, P. G. (2005): Roberts birds of southern Africa. Trustees of the John Voelcker Bird Book Fund, Cape Town, South Africa. A especie é cazada e comercializada nos mercados de medicina tradicional en Nixeria.Nikolaus, G. (2001): "Bird exploitation for traditional medicine in Nigeria". Malimbus 23: 45-55.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, colnsidrando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamrente grande e quj, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupamte).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brown, L. H., Urban, E. K. & Newman, K. (1982): The Birds of Africa, Volume I. Lomdon: Academic Press. ISBN 978-0-1213-7301-6. del Hoyo, J; Elliot, A; Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World. Vol. 3. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-420-2.
Outros atrigos Anseriformes Anátidos
Ligazóns externas Plectropterus gambensis en The Atlas of Southern African Birds . Death by toxic goose . Plectropterus gambensis (Linnaeus 1766) ma EOL .
Categoría:Anátidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Taxons descritos por Linné