Emilio Molina Carreño, nado en Porcuna (Xaén) e finado en Madrid o 9 de xullo de 1953, foi un militar e político español.
Traxectoria Comandante retirado do Exército pola Lei Azaña en 1931. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado civil e alcalde de Sada en agosto.La Voz de Galicia, 18-8-1936. p. 7. Dimitiu a finais de outubro de 1936, sendo substituído por Toribio Pollán Nieto.La Voz de Galicia, 31-10-1936. p. 2.La Voz de Galicia, 3-11-1936. p. 7. En 1938 foi nomeado comandante militar de Molins de Rei, e encargouse de crear unha comisión xestora. En 1943 era xuíz militar en Lugo. Foi nomeado coronel do Rexemento de Cabalería Villaviciosa en 1948. Finou en Madrid o 9 de xullo de 1953.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-8-2001. p. 56.
Vida persoal
Casou con Julia Vázquez Cagiao e foi pai de Emilio, Agustín e Antonio Molina Vázquez. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Los coroneles del "Villaviciosa" (67) Emilio Molina Carreño
Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Alcaldes de Sada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Finados en 1953 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades sen imaxes