Santa Mariña de Esposende é unha parroquia do concello de Cenlle na beira esquerda do río Avia. É anexo de San Lourenzo da Pena. Segundo o IGE en 2010 tiña 78 habitantes (42 mulleres e 36 homes), 41 menos ca en 1999. É limítrofe coa parroquia homónima de Esposende, do concello de Ribadavia.

Patrimonio Nela sitúase a pequena igrexa románica de Santa Mariña de Esposende e o Castro de Areas. Ao norte un monte chamado Castro, no que se ven vestixios dun posible castelo.

Hai unha capela da Virxe, cuxa festa se celebra o luns de Pascua.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Esposende

Parroquias de Cenlle

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle

Categoría:Parroquias de Cenlle Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes