miniatura|200px|Edward Berger dirixiu Sen novidade na fronte, quen gañou o premio nesa edición. Esta é unha lista dos filmes propostos na 95ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.
Na 95ª edición dos Óscar, os filmes candidatos deben terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de novembro de 2022. A data límite para presentar as propostas foi o 3 de outubro de 2022. Uganda presentou un filme por vez primeira, e Tanzania volveu presentar un filme dende o ano 2001.
A lista curta de 15 filmes anunciouse o 21 de decembro de 2022, e os cinco nomeados anunciáronse o 24 de xaneiro de 2023. Sen novidade na fronte de Edward Berger gañou o premio para Alemaña.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Një Filxhan Kafe dhe Këpucë të Reja VeshurAlbanésGentian Koçi Sen novidade na fronte Alemán, inglésEdward Berger Nos franginsFrancésRachid Bouchareb 'Ughniat alghurab ÁrabeMohamed Al-Salman Arshaluysi lusabats’y Armenio, inglés, turco, kurdo, alemánInna Sahakyan Argentina, 1985 CastelánSantiago Mitre You Won't Be AloneMacedonioGoran Stolevski Corsage Alemán, francés, inglés, húngaroMarie Kreutzer Yaradanlar Acerí, rusoShamil Aliyev Hawa BengalíMejbaur Rahman Sumon Close Francés, neerlandésLukas Dhont Utama Quechua, castelánAlejandro Loayza Grisi Balada BosníacoAida Begić Marte UmPortuguésGabriel Martins V sŭrtseto na mashinata Búlgaro Martin Makariev Retour à Séoul Francés, coreano, inglésDavy Chou The Planter's Plantation Pidgin camerunésDingha Young Eystein Chángchūn Mandarín, inglésJason Loftus Zhizn' Ruso, kazakoEmir Baigazin Blanquita CastelánFernando Guzzoni ChinaQi ji ben xiao haiMandarínWen Muye Los reyes del mundo CastelánLaura Mora Ortega Heeojil gyeolsim Coreano, mandarínPark Chan-wook Domingo y la niebla CastelánAriel Escalante Sigurno mjesto CroataJuraj Lerotić Il Boemo Italiano, alemán, checoPetr Václav Ankabut-e moqaddas PersaAli Abbasi Bantú Mama Francés, castelánIvan Herrera Lo invisibleCastelánJavier Andrade Oběť Checo, ucraínoMichal Blaško Orkester Esloveno, alemánMatevž Luzar Alcarràs CatalánCarla Simón Kalev Estoniano, rusoOve Musting On the Job: The Missing 8 Filipino, inglésErik Matti Tytöt tytöt tytöt FinésAlli Haapasalo Saint Omer FrancésAlice Diop Magnitika pedia GregoYorgos Goussis El silencio del topo CastelánAnäis Taracena Fung Zoi Hei Si CantonésPhilip Yung Blokád HúngaroÁdám Tõsér Chhello Show GujaratiPan Nalin Ngeri-Ngeri Sedap Toba Batak, indonesioBene Dion Rajagukguk Jang-e jahāni-e sevvom PersaHouman Seyyedi EzimûnKurdoShawkat Amin Korki An Cailín Ciúin Irlandés Colm Bairéad Berdreymi IslandésGuðmundur Arnar Guðmundsson Cinema Sabaya Hebreo, árabeOrit Fouks Rotem Nostalgia Italiano, árabeMario Martone TeraStorm Suahili, inglésAndrew Kaggia Prodayetsya dom KirguizTaalaibek Kulmendeev Në kërkim të VenerësAlbanésNorika Sefa Janvāris Lituano, letón, rusoViestur Kairish Dafatir maya Francés, árabe libanés, inglésJoana Hadjithomas, Khalil Joreige Piligrimai LituanoLaurynas Bareiša Icare Francés, inglés, luxemburgués, flamengoCarlo Vogele Najsrekjniot Chovek Na Svetot BosníacoTeona Strugar Mitevska Carmen Maltés, inglésValerie Buhagiar Le Bleu du caftan ÁrabeMaryam Touzani Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdadesCastelán, inglésAlejandro González Iñárritu Carbon Romanés, rusoIon Borș Ergej irekhgüi namar Mongol Amarsaikhan Baljinnyam Elegija lovora SerbioDušan Kasalica Ainaa Jhyal Ko PutaliNepalés Sujit Bidari Krigsseileren Noruegués, alemán, inglésGunnar Vikene Muru Maorí, inglésTearepa Kahi Narcosis NeerlandésMartijn de Jong Ḥamaa albaḥr almutawasiṭ ÁrabeMaha Haj Cumpleañero CastelánArturo Montenegro Joyland UrdúSaim Sadiq Eami AyoreoPaz Encina El corazón de la luna CastelánAldo Salvini IO Polaco, italiano, inglés, francésJerzy Skolimowski Alma VivaPortugués, francésCristèle Alves Meira Winners PersaHassan Nazer Imaculat RomanésMonica Stan, George Chiper Xalé WolofMoussa Sene Absa Mrak Serbio, inglés, italianoDušan Milić AjoommaMandarín, coreano, inglésHe Shuming Boy from Heaven ÁrabeTarik Saleh Drii WinterAlemán suízoMichael Koch Wạn s̄udtĥāy..K̀xn bāy ṭhexTailandésNattawut Poonpiriya Gāisǐ de Āxiūluó MandarínLou Yi-an Vuta N'Kuvute Suahili, inglésAmil Shivji Taht al-Shajara ÁrabeErige Sehiri Kerr TurcoTayfun Pirselimoğlu Klondaik Ucraíno, ruso, checheno, neerlandésMaryna Er Gorbach Tembele Suahili, nkore, lugandaMorris Mugisha El empleado y el patrón Castelán, portugués, francésManolo Nieto La caja CastelánLorenzo Vigas 578: Phát đạn của kẻ điên VietnamitaLương Đình Dũng Plan 75Xaponés, tagaloChie Hayakawa Didi shesveneba XeorxianoDavit Pirtskhalava FarhaÁrabe, hebreo, inglésDarin J. Sallam
Cambios e outras situacións Bulgaria anunciou orixinalmente o filme Mother de Zornitsa Sophia como a súa proposta en setembro de 2022. Porén, tras consultar a Academia sobre a súa elixibilidade, foi rexeitado por ter máis do 50 % do seu diálogo en inglés. Posteriormente, ese mesmo mes, escolleron un segundo filme, V sŭrtseto na mashinata. O comité de selección de Exipto anunciou unha listaxe previa de cinco filmes: The Crime de Sherif Arafa, Full Moon de Hadi El Bagoury, Kira & El Gin de Marwan Hamed, 2 Talaat Harb de Magdy Ahmed Ali e Villa 19-B de Ahmad Abdalla, aínda que Ahmed Ali retirou o seu filme antes da votación. O 29 de setembro anunciouse que a maioría do comité votou por non enviar ningún filme e que Exipto non participaría por primeira vez desde 2015; Kira & El Gin obtivo o maior número de votos entre os que que votaron por enviar algún filme, mais foi menor que os que votaron por non facer ningunha proposta. Mohamed Hefzy explicou que "o comité que tomou a decisión incluía máis de trinta cineastas e está claro que os filmes que se presentaron non están a altura das expectativas para ser candidato aos Óscar". Orixinalmente informouse que a escolla de Malta era Carmen, dirixido por Valerie Buhagiar. Non obstante, non foi incluído en ningunha listaxe enviada aos membros da Academia que participan de xeito voluntario na primeira rolda de votacións. O comité de selección de Nixeria anunciou que recibiron tres propostas en lingua ioruba: Aníkúlápó de Kunle Afolayan, Elesin Oba, The King's Horseman de Biyi Bandele e Ògúndábède de Tope Adebayo e Adebayo Tijani. Anunciaron que non participarían porque a maioría do comité votou que "ningún filme é elixible"; oito dos quince membros consideraron os tres filmes non elixibles como proposta, mentres que cinco votaron a favor de Elesin Oba: The King’s Horseman e os outros dous cada un por unha das outras opcións. O voceiro Chineze Anyaene-Abonyi animou os cineastas nixerianos a familiarse cos filmes candidatos previamente nesta categoría "para lograr o recoñecemento internacional necesario e colocar os filmes no nivel axeitado do discurso creativo". A decisión de non propoñer ningún filme provocou crtíticas e queixas sobre o proceso de selección do comité, facendo que o Comité Executivo da Academia para esta categoría concedese ao comité nixeriano unha prórroga ata o 21 de outubro de 2022 para volver votar e propoñer un filme. A maioría do comité volveu decidir non enviar ningún filme e varios membros dimitiron como protesta. O comité de selección de Rusia, presidido por Pavel Chukhray, confirmou a intención de propoñer un filme o 23 de setembro de 2022. Porén, o 26 de setembro, a Academia Cinematográfica Rusa anunciou que non participaría. O 27 de setembro, Chukhray dimitiu en protesta e dixo que non fora consultado sobre a decisión. Nikita Mikhalkov, aludindo á reacción dos Estados Unidos sobre a invasión rusa de Ucraína, dixera previamente que "segundo eu o vexo, escoller un filme que represente a Rusia nun país que, de feito, agora nega a existencia de Rusia, simplemente non ten sentido". Os comités de selección de Ghana, Malaisia e Suráfrica solicitaron propostas dos cineastas, mais finalmente non propuxeron ningún filme. É a primeira vez que Suráfrica non participa desde 2007. Zambia formou un comité de selección por primeira vez, mais tampouco escolleu ningún filme.
Notas
95 Categoría:Cinema en 2022