Samuel de Luque Batuecas, nado en Madrid o 12 de abril de 1989, coñecido en Internet como Vegetta777 ou Samuel, é un youtubeiro e streamer español que sobe vídeos de gameplays principalmente, aínda que a súa canle ten contido variado.
En 2026 a súa canle de YouTube tiña máis de 34 millóns de subscritores e 16 mil millóns de visualizacións, sendo o terceiro youtubeiro con máis subscritores e o primeiro con máis visualizacións de España.
Traxectoria Naceu o 12 de abril de 1989 en Madrid e mudouse a Alcorcón aos cinco anos. Sendo moi cativo xa comezara a mostrar interese polos videoxogos, sendo unha consola Game Boy a primeira que tivo. Este hobby entre outros motivos levaríao a subir vídeos a YouTube. Estudou enfermaría e graduouse como enfermeiro auxiliar. No ano 2014, mudouse aos Ánxeles xunto a Willyrex, cidade na que viviron ata que se mudaron a Andorra, estado no que reside dende 2016.
Carreira A canle de Samuel creouse en marzo do 2008, mais non foi ata o 21 de febreiro de 2012 cando subiu o seu primeiro vídeo titulado: Uncharted 3: ¡presentación del canal!. Foi subindo máis vídeos sobre distintos videoxogos mantendo variedade de contido, sendo Minecraft o videoxogo do que fixo máis contido.
Ao chegar á meta de dez millóns de subscritores, en outubro do 2015, foi recompensado co botón de diamante de YouTube, converténdose no primeiro hispano en obter un. Co paso do tempo realizou colaboracións con distintos creadores de contido, entre os cales están Willyrex, El Rubius, Arsilex, Lexosi, Herny, Fargan e outros streamers de fala hispana. Entre as series máis destacadas atópanse as de Grand Theft Auto Online, PUBG, Uncharted e Minecraft.
O 3 de xaneiro de 2025, deuse a coñecer o seu compromiso con Silvia Muñoz de Morales de Bernardo, coñecida influencer do mundo da moda e lifestyle.
Proxectos Participou e creou varios proxectos dentro da súa canle de YouTube, así como outros proxectos relacionados co seu contido e afeccións pero afastados do mundo desta plataforma.
Series de Minecraft: ao longo da súa carreira, Vegetta777 creou distintas series de Minecraft, cada unha cun enfoque diferente. Entre as series máis populares pódese destacar Planeta Vegetta, as diversas temporadas de Karmaland xunto a outros creadores, Apocalipsis Minecraft, Minecraft con Noobs e Piratas (tamén xunto con outros creadores de contido, como Alexby, HeRny, Arsilex, etc.) KarmaRun: xunto con Willyrex e sTaXx, Vegetta lanzou un videoxogo coa colaboración da desenvolvedora de videoxogos U-Play Online. Este é un videoxogo de tipo endless runner no que o xogador debe correr a través dun longo camiño mentres esquiva obstáculos e gaña moedas. Está dispoñible tanto na Google Play como na App Store. Libros Wigetta: xunto con Willyrex, Vegetta777 publicou unha serie de libros para cativos e mozos que narran as aventuras dos seus dous personaxes, Vegetta e Willy, os cales son acompañados polas súas mascotas Vakypandy e Trotuman. Nas súas aventuras atópanse con diversos personaxes e vense envoltos en distintas situacións que precisan unha solución. O primeiro libro desta saga foi publicado no ano 2015, e até o 2022 publicáronse 18 libros. Mad Lions: en colaboración con Willyrex, Vegetta converteuse nun dos socios maioritarios de MAD Lions, un equipo de e-Sports español. Serie animada: Willyrex e Vegetta publicaron os capítulos de Wigetta, unha serie animada con deseño en 2D dentro da plataforma YouTube nunha canle co mesmo nome. Dentro da serie móstranse as aventuras dos personaxes Willyrex e Vegetta, que se atopan en situacións nas que deben axudar a certos personaxes a cumprir os seus desexos, mentres cumpren eles mesmos os seus. O primeiro capítulo obtivo moitas visitas por parte da comunidade de Vegetta e de Willyrex, así como os capítulos seguintes. Até o 2022, subíronse 10 capítulos da serie.
Premios e recoñecementos OrganizaciónTipoGalardónRazónYouTubeYouTube Creator Awardsligazón=Archivo:YouTube_Silver_Play_Button_2.svg|senmarco|39x39px Silver Creator AwardOutorgado aos creadores de contido que obteñen 100 000 subscritores na súa canle de YouTube.ligazón=Archivo:YouTube_Gold_Play_Button_2.svg|senmarco|37x37px Gold Creator AwardOutorgado aos creadores de contido que obteñen 1 000 000 de subscritores na súa canle de YouTube.ligazón=Archivo:YouTube_Diamond_Play_Button.svg|senmarco|36x36px Diamond Creator AwardOutorgado aos creadores de contido que obteñen 10 000 000 de subscritores na súa canle de YouTube.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Willyrex El Rubius
Ligazóns externas Vegetta777 en YouTube.
Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1989