Vilachá é un lugar da parroquia de Portocelo no concello lugués de Xove, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 102 habitantes (51 homes e 51 mulleres). Patrimonio No lugar está a igrexa parroquial de San Tirso de Portocelo que se erixiu en 1928 para substituír a vella capela de San Tirso, que se localiza preto do mar entre os lugares de Vilachá e Portocelo con poboamento continuado dende a época dos castros. Na igrexa parroquial salienta o retablo maior de estilo barroco, do século XVII

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Portocelo

Parroquias de Xove

Categoría:Lugares de Xove